Martes 19 Marzo 2024

O científico galego Manuel Carreiras recibe o Premio Nacional de Investigación

Os reis de España e o ministro de Ciencia presidiron a entrega dos galardóns que recoñeceron a científicos de diversas áreas

Os reis de España, acompañados polo ministro de Ciencia e Innovación, Pedro Duque, entregaron este luns no Palacio do Pardo os Premios Nacionais de Investigación aos científicos Valentín Fuster, Ángela Nieto, Susana Marcos, Manuel Carreiras e Mercedes García-Arenal. Manuel Carreiras Valiña (Castro Ribeiras de Lea, 1959), recibiu o galardón Pascual Madoz na área de Dereito e Ciencias Económicas e Sociais.

O investigador galego é director científico do BCBL (Basque Center on Cognition, Brain and Language) de Donostia e catedrático de investigación IKERBASQUE. Por unanimidade, o xurado outorgoulle o premio salientando que se trata dunha “referencia internacional no campo do procesamento da linguaxe, no ámbito da piscología experimental”, e destacando a súa “capacidade para crear grupos de excelencia”. Do mesmo xeito, recoñeceu que “o seu traballo posúe un interese e impacto social extraordinario, dedicado a aumentar a igualdade de oportunidades en problemas atípicos (persoas xordas, con dislexia, analfabetas ou neuro-típicas). Destaca tamén a súa capacidade de transferencia de coñecemento”.

Publicidade

Manuel Carreiras é licenciado en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor pola Universidade de La Laguna, completou a súa traxectoria académica cunha ampla colaboración internacional, con estadías de investigación nos Estados Unidos, Suecia ou Reino Unido. En 2008 estableceuse en Euskadi, recrutado pola Fundación Ikerbasque.

É unha das figuras internacionais máis relevantes no campo da neurociencia cognitiva, e en particular no procesamento da lectura, a linguaxe e o bilingüismo. Traballa en tres grandes liñas: a linguaxe, a lectura e os trastornos do desenvolvemento; o multilingüismo e a aprendizaxe dunha segunda lingua; a neurodexeneración, o dano cerebral e o envellecemento saudable.

Ao coñecerse o fallo do premio, en xullo de 2019, en GCiencia conversamos con Carreiras nunha entrevista que podes ler aquí:

Manuel Carreiras: “Traballamos para detectar a dislexia antes da súa aparición”

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como os apelidos nos falan de xenes e historia, e viceversa

O seu uso nos estudos xenéticos remóntase ao século XIX, cando George Darwin analizou a consanguinidade en poboacións rurais de Inglaterra

“A computação reforça as teses de Carvalho Calero sobre o galego”

Unha investigación do informático Jose Ramom Pichel sobre a distancia entre linguas estuda a evolución do galego respecto ao portugués e o español

Ser bilingüe supón realmente unha vantaxe cognitiva?

O psicólogo galego Manuel Carreiras Valiña, Premio Nacional de Investigación, analiza neste artigo as evidencias que ofrece a neurociencia ao respecto

Porto ten maior produción científica que a suma das tres universidades galegas

A RAGC reúne a 60 expertos para analizar un informe que conclúe que a produción do sistema universitario galego presenta unha "importante desaceleración"