Venres 19 Abril 2024

Isto é o que pasa ao ver a Lúa do revés desde o hemisferio sur

Como ven a Lúa desde os outros recunchos do mundo? Ao chegar a latitudes diferentes á nosa, se somos afeccionados a contemplar os astros, veremos que as cousas mudan lixeiramente de lugar. Porén, se baixamos cara ao hemisferio sur, o debuxo muda notablemente, debido á forma esférica do noso fogar. O caso do satélite terrestre é un dos máis salientables, polas súas implicacións para os astrofísicos que observan desde a parte sur da Terra.

“Desde a nosa perspectiva, a Lúa e o resto do ceo xiran 180º respecto ao norte”, explica Jake Clark, astrónomo da universidade de South Queensland, en Australia, en declaracións ao portal Alerta Ciencia. Así, segundo Clark, “vemos o ‘Oceanus Procellarum‘ na esquina sureste, ao contrario que para un observador do norte, que o ve no noroeste”.

Publicidade

Lúa desde o hemisferio norte (esquerda) e o sur (dereita).
Lúa desde o hemisferio norte (esquerda) e o sur (dereita).

Estes condicionantes vense tamén nas diversas fases lunares, que mudan de orientación dependendo da latitude desde onde a miramos. Así, “desde preto do Ecuador, a Lúa ponse como unha cara que sorríe”, conta o investigador australiano.

A Lúa ‘di a verdade’ no sur

Un dos aforismos máis habituais cando falamos das fases do satélite é que mente. Así, cando ten forma de ‘D’, está crecendo, e cando ten forma de ‘C’, decrece. Pero no sur, por tanto, di a verdade: crece cando ten forma de ‘C’ e decrece cando ten forma de ‘D’.

As constelacións visibles en todo o globo tamén xiran e por tanto, así, cambia o xeito de percibilas. “En Australia, a perna e o cinto de Orión coñécense como ‘The Saucepan’ xa que parece unha ola grande e vella”, explica Jake Clark.

Porén, nalgúns casos, só é posible ver determinadas estrelas desde un dos hemisferios. Por este motivo, se estas estrelas se utilizan como guía para a detección de exoplanetas, cómpre ter telescopios potentes arredor de todas as latitudes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas

Como xestionar a enerxía eléctrica en vehículos lunares non tripulados? Así o estuda a UVigo

O proxecto busca garantir as demandas eléctricas dos 'rovers' no polo sur lunar, un lugar de interese científico pola posibilidade de que exista auga conxelada

A Lúa non ten ceo

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de “E se estivésemos equivocados? E se a Terra...

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito