Venres 29 Marzo 2024

Vinte nomes da divulgación da ciencia en galego na rede que debes coñecer

Escolma de entidades e iniciativas que dan a coñecer a ciencia mediante a nosa lingua na rede

As novas formas de comunicar ofrecen grandes oportunidades para achegar a ciencia á sociedade a través das redes sociais. Sexa a través de texto, imaxes, vídeos e outros formatos, é moita a xente que xera todo tipo de contidos para enriquecer a cultura científica dos seus seguidores. E o galego tamén o seu oco, con iniciativas ben interesantes e atractivas. Desde GCiencia fixemos unha escolma en orde alfabética de arredor de 20 nomes (persoas, asociacións e outras institucións) que manteñen unha actividade periódica na rede. Se coñeces algún máis, non dubides en indicalo en redaccion@gciencia.com.

  • Achegándonos ao LHC: unha profunda, ao tempo que comprensible, explicación sobre o que é un dos maiores experimentos científicos do mundo, o LHC do CERN. Os autores son Xabier Cid, investigador do IGFAE que traballou no propio CERN, e Ramón Cid, profesor de Física.
  • Agrupación Astronómica Ío: a entidade coruñesa conta o que hai noutros mundos a través da nosa lingua. Están tamén en Facebook e Twitter.
  • Álbum da Ciencia: un dos máis relevantes e completos repositorios da ciencia en galego. O Consello da Cultura Galega recolle as biografías de arredor de 300 científicos de referencia do país.
  • Aquelando: é un dos máis recentes programas de divulgación científica que emitiu a TVG. Presentado por Manuel Vicente, David Ballesteros, Jose Viñas, Patricia Barciela e Deborah García. Podes ver os programas nesta ligazón, e tamén seguilos en Facebook, Twitter e Instagram.
  • Ceos galegos: Proxecto de divulgación de astronomía e astrofotografía, alén doutras disciplinas, dirixido por Dosi Veiga. Podes velo tamén en Twitter, Facebook e Instagram.
  • CienciaNOSA: portal de divulgación do grupo de innovación docente en didáctica e divulgación científica da USC.
  • CiMUS Podcast: Os investigadores do centro puxeron recentemente en marcha un programa para dar a coñecer a actividade que desenvolven no centro.
  • Concienciadas: espazo audiovisual de divulgación científica impulsdo por Praza Pública, presentado por Iria Veiga e Javier Balea.
  • Divulgacción: portal da Asociación Galega de Cultura Científica e Tecnolóxica, na que podes atopar recursos moi interesantes sobre lecturas recomendadas, dúbidas lingüísticas e outros temas. En Facebook e Twitter.
  • Efervesciencia: máis de 10 anos nas ondas da Radio Galega e numerosos recoñecementos avalan o proxecto impulsado por Manuel Vicente. Todos os detalles, na súa páxina web.
  • Escépticos no Pub: nos últimos venres de cada mes, Santiago de Compostela acolle as charlas de divulgación organizadas colectivo. Se non che é posible asistir en directo, podelas ver a través de Youtube e estar ao tanto de datas e horas nas súas redes.
  • Instituto da Lingua Galega: un bo xeito de descubrir de forma gráfica os matices e a riqueza do idioma. Recomendable ver as súas contas de Instagram e Twitter.
  • Moléculas en Galego: Pequenas doses e curiosidades sobre química en galego. En Facebook, Twitter e Instagram.
  • Museos Científicos Coruñeses: Ademais de coñecelos in situ, os tres museos da cidade da Coruña contan con numerosos recursos dixitais para divulgar os seus contidos. Bota un ollo en Youtube, Facebook, Twitter ou Instagram.
  • O Son das Ideas: serie de podcasts e pílulas de vídeo en Youtube sobre Física. Tamén en Facebook e Twitter.
  • Radio Cerna: episodios semanais de información ambiental producidos por Adega.
  • Redmeteo: seguemento e análise da información meteorolóxica en Galicia. Tamén en Facebook e Twitter.
  • Sociedade Xuvenil Galega de Química: asociación de estudantes e investigadores de Química e Farmacia que realiza diversas actividades de divulgación por toda Galicia. Podes velos en Facebook, Twitter e Instagram.
  • Universidades: As tres universidades públicas dan conta da actividade dos seus investigadores e todo tipo de actividades de divulgación no seu web. Visita a UDC, a USC e a UVigo.
  • Xeoclip: un proxecto pensado para o ensino que se acabou convertendo nunha interesantísima ferramenta de divulgación sobre xeoloxía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:03:49

F de Fala: as palabras que nos sosteñen

'Veiga', 'laverca' e 'Rábade' son palabras que herdamos de linguas perromanas, xermanas e árabes e que hoxe forman parte do léxico galego

Unha campaña de doazón de voz recollerá as variedades fonéticas e dialectais de Galicia

O obxectivo é acadar as máis de 1.000 horas de gravación precisas para que dispositivos como Siri, Alexa ou Google recoñezan as distintas cadencias lingüísticas

Cinco libros para agasallar ciencia este Nadal

Unha listaxe con opcións para adultos e nenos que mostra o mundo científico e a súa historia en lingua galega

As 10 palabras do Nadal en galego que debes saber

Existen moitas expresións para referirnos aos enfeites, as tradicións ou o tempo. Descúbreas e engádeas ao teu vocabulario