Venres 19 Abril 2024

Jaime Martín, da UDC, recoñecido como “investigador emerxente” en ciencia de materiais

A investigación do científico do campus de Ferrol enmárcase dentro dunha nova estratexia na electrónica orgánica

O científico Jaime Martín, investigador do grupo de Polímeros no Centro de Investigacións Tecnolóxicas e do Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña (UDC) foi recoñecido pola revista Advanced Materials como un dos investigadores emerxentes con maior impacto internacional no campo da ciencia de materiais. Foi deste xeito convidado a contribuír ao volume titulado “Rising Stars”, que recolle unha selección de artigos científicos con estudos conceptualizados e supervisados polos investigadores independentes e mozos máis recoñecidos a nivel mundial.

O traballo que asina Martín enmárcase nunha nova estratexia dentro da electrónica orgánica, que emprega materiais orgánicos para construír dispositivos electrónicos como transistores, células fotovoltaicas, diodos emisores de luz, etc. Esta tecnoloxía deixou nos últimos anos de ser unha promesa para converterse nunha realidade, e están baseadas na manipulación/xestión de portadores de carga eléctrica (por exemplo, electróns e ocos) por parte de materiais orgánicos semicondutores.

Publicidade

A magnitude física que máis sinxelamente representa como de fácil é o transporte dos electróns ou dos ocos a través do material semiconductor coñécese como mobilidade de portadores de carga. Neste sentido, os materiais orgánicos semicondutores presentan valores de mobilidade de portadores de carga razoablemente bos cando transportan ocos pero significativamente máis baixos cando transportan electróns. O grupo de Jaime Martín conseguiu que, trala manipulación correcta, un material que tradicionalmente se emprega en células fotovoltaicas presente mobilidades electrónicas similares aos mellores valores anteriormente reportados, establecendo así unha nova estratexia na procura de materiais con altas mobilidades electrónicas.

O artigo, publicado, en Advanced Science, forma parte do proxecto de investigación liderado por Jaime Martín na Universidade da Coruña, coa colaboración de investigadores da Universidade do País Vasco (UPV/EHU), KAUST (Arabia Saudi) e do Sincrotrón ALBA.


ReferenciaY6 Organic Thin-Film Transistors with Electron Mobilities of 2.4 cm2 V−1 s−1 via Microstructural Tuning (Publicado en Advanced Science).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da UDC patenta un sistema pioneiro que mide a postura vertebral en tempo real

Investigadores do CITENI crean unha tecnoloxía non invasiva e de baixo custo para mellorar o diagnóstico e tratamento das doenzas da columna

Si, pódese crear acuarela con bacterias: a UDC impulsa a divulgación a través da arte

CICAGallery estrea a súa primeira edición con cinco artistas que convivirán con distintos grupos de investigación da universidade

Como medir as estrelas para revelar os misterios da Vía Láctea

Os investigadores do CITIC Xabier Pérez e Lara Pallas participan na misión Gaia, que pretende crear o maior mapa 3D da nosa galaxia

Unha científica galega secuenciará o xenoma da ‘herba de namorar’

A especie 'Armeria pungens' está presente nas illas Cíes, o único lugar de Galicia onde se pode atopar