Xoves 28 Marzo 2024

Inventiva galega fronte á avespa asiática

Ás veces o talento é a mellor solución contra un problema co que non contabamos. Este semella ser o caso do invento desenvolvido por Luis Abal, estudante de 4o curso de Forestais en Pontevedra, quen vén de poñer en marcha unha idea que pode ser moi útil para os produtores apícolas que teñen que enfrontarse aos danos que ocasiona a praga da avespa velutina. O enxeño ten demostrada a súa efectividade sobre o terreo, e agora queda pendente a obtención de apoios e financiamento para que a idea non quede esquecida mentres os apicultores non atopan medios para loitar contra a voraz avespa asiática.

Luis Abal.
Luis Abal.

A idea naceu cando un amigo de Abal lle contou os graves problemas que sufría a súa explotación apícola, localizada en Meis, pola aparición da avespa velutina. O estudante comezou a recompilar documentación a través de internet e acabou por idear unha estrutura con forma de rede para protexer as colmeas e as abellas dos ataques das avespas, que morren de fame ao quedar atrapadas. O sistema, que leva o nome de FreeBee, ten en conta as diversas traxectorias dos ataques que as avespas fan sobre as abellas para incrementar a súa efectividade. O resultado final foi que nas probas realizadas ao longo dun mes a estrutura permitiu atrapar 2.200 avespas.

Publicidade

A pesares de se tratar dunha estrutura metálica construída con materiais caseiros, o sistema é sofisticado xa que ten en conta, por exemplo, cal debe ser o tamaño da rede que atrapa as avespas para permitir que as abellas (de menor tamaño) podan escapar sen maiores dificultades cando son atrapadas. “Está claro que o sistema funciona e que o que antes era un supermercado a custe cero para as avespas agora pasa a ser un punto de desinfección”, indica Abal. A idea gañou o premio Incuvi Emprende 2016 da Universidade de Vigo, dentro dos proxectos presentados no campus de Pontevedra. Porén, ata o momento non conseguiron cartos para desenvolvela.

Se conseguen o financiamento necesario, Abal e outros estudantes que están apoiando tamén o proxecto poderían construír estruturas personalizadas para as explotacións apícolas que están dispostas a implantar unha solución deste tipo.

Ademais, este grupo está traballando tamén no desenvolvemento dun sistema para exterminar os niños das avespas mediante uns drones que inxectarían un insecticida nos niños. Abal sinala que este sistema evitaría o recurso continuo ós corpos de seguridade e permitiría exterminar o niño en tres ou catro días. “A praga está a estenderse moi rápido pola falta de competidores e está a afectar a plantacións de todo tipo de árbores de froita”, indica Abal, que agarda que a súa idea poda converterse nun medio efectivo para paliar os danos desta praga no agro galego.

14 COMENTÁRIOS

  1. Es irrelevante quien fué el primero en encontrar la solución.
    Hay que buscar apoyo para comercializar la idea, y extenderla haciendo negocio, pensad que és un tema de seguridad global,
    o no?
    :o)x

  2. Tras leer la noticia y los comentarios me parece necesaria una opinión femenina no demasiado formada en el tema pero si en la vida. Ultimamente estoy leyendo muchas noticias fatalistas acerca de la avispa asiática asesina, yo miedo le tengo.
    Como Luis Abal, mi hijo es universitario, hoy en día estudies lo que estudies todo parece estar destinado al fracaso, las oportunidades de vida pasan por el autoempleo o la emigración, razón por la cual, me parece muy bonito ver a gente activa que busca nuevas formas de vida ante un difícil entorno laboral.
    Me parecen muy tristes y negativos esos ataques gratuitos, así que, me despido dándote mucho ánimo.

  3. Analizando la noticia y los comentarios me quedo con ganas de compartir mi opinión.
    Se ve que Ernesto Estiz es un virtuoso del tema y el chico de la entrevista es un estudiante con mucho que aprender. Pero antes de tachar de plagio (es una palabra muy fea) o copia, se deberían de saber muchas cosas…. como pueden ser los detalles diferenciadores de la estructura, las posibles colaboraciones con productores apicolas o incluso con el propio Ernesto Estiz. Quién lo sabe?
    A parte, el estudiante habla tmbién de la utilización de drones para el exterminio de los nidos de la velutina……. está ya inventado? está ya patentado? Sinceramente es indiferente, la idea es que se ve que alguien está intentando hacer algo de valor ecológico y de beneficio social, como dice en la entrevista es un premio universitario de ahi a lo que llegue a ser hay una maratón por delante.

  4. É unha moi boa idea, todo o que extermine a plaga e positivo sen entrar a valorar que sea plaxio ou non. Como sabemos o rural e moi activo e as suas xentes tenden a resolvelos problemas por si mesmos, a inventiba esta no día a día, a veces, axudada por cousas que se ven por ahí. Do que se trata e de chegar a un obxecto común.

  5. Concordo con Ramiro, o señor Ernesto Astiriz deseñou unha estrutura practicamente igual que este rapaz soubo copiar moi ben. O enlace o video de YouTube e o seguinte https://youtu.be/VeIKs_08LDs. Ernesto Astiriz ten moitos videos en YouTube de numerosos ensaios e experimentos contra a vespa velutina. Un saudo

  6. Me parece un plagio de lo desarroyado por Ernesto Estiz de Navarra y que tiene detalladamente expuesto y mejorado en su canal de youtuve desde hace ya tiempo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As cinzas dos lumes de 2017 poden causar alteracións no plancto costeiro da Vigo

O estudo realizado por investigadores do CIM da Universidade de Vigo centra a súa investigación na escorredura posterior ás queimas

Os bioplásticos e polímeros sintéticos teñen realmente capacidade de biodegradación?

O proxecto Polbio nace para determinar se este proceso pode ter algún efecto tóxico en ambientes terrestres e acuáticos

Un método estatístico permite detectar por primeira vez que liñaxes celulares evolucionan máis rápido

O estudo, no que colabora a Universidade de Vigo, axudaría a identificar mutacións con incidencia en enfermidades como o cancro

“O ingreso de mulleres nas carreiras de enxeñería está en declive”

Soledad Torres Guijarro, profesora na UVigo, investiga na actualidade a contaminación acústica nos ecosistemas submarinos e como reducila