Ingresa a primeira muller en 24 anos na Real Academia Galega de Ciencias

Mujeres en la RAGC
De esqueda a dereita: O vicepresidente da Academia, Franco González; a conselleira Rosa Quintana; Alicia Estévez Toranzo; Miguel Ángel Ríos; a vicerreitora de Investigación da USC, Isabel Rodríguez-Moldes; e Salustiano Mato.

Alicia Estévez Toranzo converteuse hoxe na segunda académica que ingresa na Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) na súa historia e na primeira que o fai en 24 anos, tras o cesamento en 1990 de María del Pilar Fernández Otero, catedrática de Farmacia dá Universidade de Santiago de Compostela.

Estévez Torazno incorporouse nun acto celebrado no Pazo de San Roque da universidade compostelá  cun discurso titulado Estado actual e retos futuros na loita fronte a enfermidades microbianas na acuicultura. Logo de pronuncialo, recibiu a medalla de académico de mans do presidente da RAGC, Miguel Ángel Ríos, e o diploma por parte vicerreitora de Investigación e Innovación da USC, Isabel Rodríguez-Moldes. Asistiron tamén a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato.

Será a única académica ata o ingreso de María José Alonso, prevista para os próximos meses

Alicia Estévez será a única académica da RAGC ata o ingreso de María José Alonso, prevista para os próximos meses. Previamente incorporouse Fernando Pérez, para pechar esta primera rolda de novos membros logo de dez anos sen novos académicos co ingreso de Ángel Carracedo, previsto para final de ano.

Alicia C. Estévez Toranzo (Pontevedra) é catedrática da USC no Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía. A súa investigación encádrase no eido da biotecnoloxía, máis concretamente no estudo de patoloxías de peixes e a elaboración de vacinas para acuicultura, entre outras liñas. Nos últimos dez anos dirixiu 16 teses doctorais, publicou un libro, 30 capítulos de libros e 132 traballos de investigación. Ten sete patentes rexistradas e participou nun número moi elevado de proxectos científicos con financiamento público e privado. En 1993 foi merecedora do Premio Jaime Ferrán na categoría de investigadores, outorgado pola Sociedade Española de Microbioloxía.

O ingreso de Alicia Estévez supón o levantamento dun veto implícito que impediu á academia propoñer a ningunha muller como numeraria dende que María del Pilar Fernández Otero abandonou a institución en 1990, cando estableceu a súa residencia fóra de Galicia. No seu discurso de toma de posesión, o actual presidente da institución, Miguel Ángel Ríos, prometeu acabar con esta situación. “Haberá mulleres na Academia; en Galicia temos moi boas científicas”, afirmou.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.