Homenaxe ao enxeñeiro Andrés Comerma en Ferrol

Un roteiro pola cidade departamental segue a vida deste home de saber renacentista designado Científico Galego 2020 pola Real Academia Galega de Ciencias

No acto de homenaxe presentouse tamén un vídeo sobre Comerma.

“Deixen traballar a Comerma”, dixo a raíña Isabel II para apoiar o traballo do enxeñeiro Andrés Comerma, recordado este ano como Científico Galego 2020. Baixo o mesmo lema, a cidade de Ferrol, onde desenvolveu a súa vida e as súas creacións, acolleu onte a homenaxe á figura deste home de saber renacentista, que foi tamén xornalista, farmacéutico e inventor dacabalo entre os séculos XIX e XX.

A Real Academia Galega de Ciencias organizou a xornada, á que se sumaron outras institucións e entidades, como a Cátedra Cosme Álvarez dos Ríos, a Armada, Navantia, o Concello ou o Consello da Cultura Galega, cuxa presidenta, Rosario Álvarez, presentou un roteiro polos lugares que preservan a pegada de Comerma e na que participaron diferentes autoridades, entre elas o alcalde de Ferrol, Ángel Mato.

O presidente da RAGC, o catedrático Juan Lema, presentou o acto de homenaxe.

O percorrido visita os xardíns da praza das Angustias e do Paseo de Herrera, dos que foi deseñador; o Dique da Campá, que é a súa grande obra naval; a casa na que residiu, na rúa Magdalena; o teatro Jofre, do que foi director, ademais de presidente do Ateneo e do Casino e da rondalla Airiños da Miña Terra, o que amosa a súa fonda implicación coa cidade na que pasou a súa vida.

Tras o roteiro, no Museo Naval, o presidente da RAGC, Juan Lema, presentou un acto de homenaxe no que participaron o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o almirante xefe do Arsenal, Antonio Doio, entre outras autoridades– destacaron o carácter “polifacético e visionario” de Andrés Comerma.

Tamén foi presentada unha publicación editada conxuntamente polo Consello da Cultura Galega e pola Real Academia Galega de Ciencias, titulada ‘Andrés Comerma. O enxeñeiro adiantado ao seu tempo”, que percorre a figura do singular científico, con artigos do catedrático Pedro Merino e de descendentes do homenaxeado, como Antonio Muñoz Comerma ou Luis Puig.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.