Helene ‘só’ deixará unha alerta amarela na costa galega

Os restos de Helene apenas tocarán Galicia e dirixiranse cara as Illas Británicas. Fonte: MeteoGalicia.
Os restos de Helene apenas tocarán Galicia e dirixiranse cara as Illas Británicas. Fonte: MeteoGalicia.

Os restos do furacán ‘Helene’, que se desprazou cara o leste nos últimos días desde a súa formación no Atlántico, apenas tocarán Galicia na madrugada deste martes. Despois de que algúns modelos contemplaran a posibilidade de que se achegase a Galicia, e de que hai uns días a Aemet reducira estas probabilidades a un 10%, o xa exfuracán, convertido en tormenta tropical, o impacto deste ciclón será mínimo.

Así, ‘Helene’ diríxese, ao noroeste de Galicia, cara Irlanda e o norte de Gran Bretaña, onde aínda podería chegar con forza suficiente para causar importantes choivas e refachos de vento. Segundo os últimos datos, rexistra ventos máximos sostidos de algo máis de 80 km/h, con refachos puntuais de 100. Polo que aquí respecta, MeteoGalicia activou para esta madrugada do luns ao martes, entre a medianoite e as 6 da mañá, o aviso amarelo por mar de fondo do noroeste entre Camariñas e Estaca de Bares, con ondas que poderían superar os 4 metros.

Florence deixa 20 mortos nos Estados Unidos

Pola súa banda, ao outro lado do Atlántico, o furacán ‘Florence’ golpeou esta fin de semana a costa sureste dos Estados Unidos, causando arredor de 20 mortos e cidades illadas, como Wilmington, en Carolina do Norte, onde máis de 100.000 persoas quedaron atrapadas na localidade debido ao asolagamento das principais vías de comunicación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.