Sábado 20 Abril 2024

A galega Innopharma participa no maior consorcio europeo de medicamentos

A coordinadora de plataforma de descubrimento de fármacos Innopharma da USC, Mabel Loza, participou recentemente na inauguración da rede europea EU-OPENSCREEN-ERIC (European Research Infraestrutures Consortium). Innopharma forma parte dese consorcio internacional integrado por equipos de sete países que pon a disposición de institucións académicas e científicas, pemes e organizacións industriais implicadas ata 140.000 compostos comerciais que permiten liderar o descubrimento temperá de fármacos en todo o mundo. A plataforma da USC constitúe un modelo de innovación aberto dentro do ecosistemas galego de I+D+i, impulsado pola Consellaría de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación para proxectar internacionalmente ciencia feita en Galicia.

En opinión da profesora Mabel Loza, formar parte de EU-OPENSCREEN-ERIC supón “cumprir os máis altos estándares de calidade tanto no que respecta á nosa capacidade técnica como ao valor engadido que achega o noso coñecemento aplicado ao paciente, ademais de acceder a recursos compartidos e bases de datos de altísimo nivel en contornas globais de innovación aberta e facelo de maneira rendible e inmediata”. Na asemblea de membros da iniciativa, á que a doutora Loza asistiu como representante científica por parte de España, tamén participou o doutor José Manuel Brea, ambos representando á Axencia Galega de Innovación.

Publicidade

EU-OPENSCREEN-ERIC
EU-OPENSCREEN integra as plataformas de cribado de alta capacidade europeas e que utilizan conxuntamente unha colección de ata 140.000 compostos comerciais e patentados recollido por diferentes grupos químicos europeos. Participan sete países europeos (República Checa, Finlandia, Alemaña, Letonia, Noruega, Polonia e España) e unha organización internacional (EMBL).

EU-OPENSCREEN comezou a operar como un ERIC (Consorcio de Infraestrutura de Investigación Europea) en 2018. A de Galicia, Innopharma, pertence ás 7 RIs de altas capacidades de dita rede de cribado de fármacos, as cales desempeñan un papel importante no avance do coñecemento e a tecnoloxía europeos, constitúen un importante link na cadea de innovación e son definidos en Europa como hubs de excelencia científica para xerar novas ideas e traspasar as barreiras da ciencia e a tecnoloxía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Investigadoras galegas constatan que as mulleres autistas camuflan máis os seus síntomas

O enmascaramento provoca retrasos no diagnóstico e problemas de saúde mental derivados da presión social

Ángel Carracedo: “O Proxecto Xenoma Galicia é o máis ambicioso do mundo”

A iniciativa recompilará o ADN de 400.000 galegos para identificar variantes xenéticas de alto risco e para anticiparse ás enfermidades

Ángel Carracedo: “Divulgar na miña terra? Teño claro que en galego”

O xenetista fai un repaso da súa traxectoria como líder dun laboratorio que é referencia internacional en Ciencias Legais en Forenses

A USC e ABAC Therapeutics únense para loitar contra a resistencia aos antibióticos

As bacterias multirresistentes causan 39.000 mortes ao ano en Europa e a OMS estima que en 2050 serán a principal causa de mortalidade no mundo