Xoves 28 Marzo 2024

Confirman a existencia de ‘géyseres’ en Europa, unha das lúas de Xúpiter

Géyseres como os de Islandia, pero nunha lúa de Xúpiter. A NASA confirmou esta semana a existencia de chorros de auga que emanan da superficie de Europa, un dos satélites do maior planeta do Sistema Solar, e descuberta por Galileo Galilei. Os resultados da revisión dos datos recollidos pola sonda que levaba o nome do astrónomo renacentista, que se achegou á lúa Europa por última vez en 1997, reafirman a evidencia destes géyseres.

Desde hai anos, Europa, cuberta por unha capa de xeo baixo a que se cre que existe un océano de auga salgada, é un dos astros con máis probabilidades de ser apto para a vida, segundo as pescudas dos científicos. Deste xeito, tanto a NASA como a Axencia Espacial Europa proxectan futuras expedicións para coñecela mellor. No pasado, o telescopio Hubble xa observara a posibilidade da presenza destes géyseres en Xúpiter e Encélado, un dos satélites de Saturno. E os datos de Galileo insinuaban que algo semellante podía acontecer en Europa, así que afondaron naquela información.

Publicidade

Os datos incrementan as expectativas sobre as futuras misións a esta lúa, que podería albergar vida

A sonda detectara cos seus sensores magnéticos e de plasma unhas alteracións que se correspondían cun veo de auga expulsado desde a codia. A análise desta información, publicada este luns na revista Nature Astronomy, indica que existe unha zona de Europa, duns 1.000 quilómetros de lonxitude, que podería albergar este tipo de actividade, aínda que non se puido determinar se era unha ou varias as plumas de auga que emerxen da superficie.

A publicación destes novos resultados incrementa as expectativas das futuras misións a Europa. En 2022 está previsto o lanzamento das sondas Juice (JUpiter ICy moons Explorer), da Axencia Espacial Europea, e Europa Clipper, da NASA. Coa presenza destes géyseres, a exploración dos océanos da lúa será bastante máis sinxela.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Atopados os vestixios máis antigos da presenza humana en Europa nunha zona de Ucraína

As ferramentas paleolíticas achadas no xacemento de Korolevo quedaron enterradas hai 1,42 millóns de anos

Un proxecto europeo busca reducir a captura accidental de especies protexidas no Atlántico

Investigadoras do IEO liderarán un dos casos de estudo dirixido a mitigar a captura de quenllas e tiburóns nas pesqueiras de atún

África González, ante a reaparición do sarampelo: “As familias deben vacinar os seus fillos”

España rexistra os seus primeiros casos trala pandemia e dende o 1 de xaneiro suma xa 15 contaxios

O sarampelo rexorde con forza en Europa: que podemos facer?

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de As autoridades sanitarias portuguesas confirmaron un novo caso de...