Venres 29 Marzo 2024

GCiencia cumpre un ano como medio dixital de referencia en Galicia

Ránking Alexa de visitas dos medios dixitais en Galicia.
Ránking Alexa de visitas dos medios dixitais en Galicia.

Cumprimos un ano e chegamos ao máis alto. GCiencia está de aniversario o 25 de novembro e celébrao convertido no primeiro medio dixital nativo de Galicia (ránking Alexa outubro 2014) e o oitavo galego en Internet, por riba das versións dixitais de xornais de gran tradición como Atlántico Diario, Diario de Arousa ou El Ideal Gallego. Somos o medio de referencia para a investigación, a innovación e a ciencia na Comunidade.

Ao longo destes 12 meses, publicamos 982 artigos, reportaxes, entrevistas, blogs, fotografías e contidos audiovisuais. Contamos coa colaboración de científicos de recoñecido prestixio, a través de tribunas de opinión. E demos conta, día a día, das novidades da ciencia en Galicia, tamén a través das redes sociais, chegando a amplos públicos a través de Youtube, Facebook, Menéame, Twitter, LinkedIn ou Google Plus.

Publicidade

GCiencia é unha publicación de Ciencia Galega Industrias Creativas S.L. creada e codirixida por Pablo López Eduardo Rolland, dous xornalistas de contrastada traxectoria profesional. O seu coordinador dixital é Alberto Quian. Neste primeiro ano, os contidos ofrecidos pola plataforma dixital suman máis dun millón de visitas que chegaron dende a práctica totalidade de países do mundo, con noticias que alcanzaron picos de decenas de miles de clics.

Tamén ofrecemos en directo algúns fitos científicos, como o lanzamento do satélite Humsat-D, da Universidade de Vigo, en vídeo por streamming dende Rusia. Ou a cometizaxe da nave Philae dende a sonda Rosetta, con imaxes cedidas pola Axencia Espacial Europea.

Tráfico de GCiencia diario.
Tráfico de GCiencia diario.

GCiencia, tras un período de creación e consolidación, encara o seu segundo ano co reto de avanzar. Para iso, agradecemos o apoio de anunciantes, partners e colaboradores, que nos permitiron asumir os custos de lanzamento e de consolidación do proxecto. Agora, ademais, contamos cun novo aliado. Porque GCiencia logrou o aval da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) para formar parte do seu programa de cultura científica, tecnolóxica e da innovación, o máis importante que se desenvolve en España. O organismo do Ministerio de Economía e Competitividade seleccionou o proxecto da web da ciencia galega para o financiamento de distintas liñas de actuación, que GCiencia levará a cabo entre 2014 e 215.

GCiencia é, con El País, Efe e TVG, un dos catro únicos medios de comunicación que aparecen no listado da Fecyt. En Galicia, só outras sete institucións superaron o proceso de selección: os concellos de Pontevedra e A Coruña, a Xunta, a Universidade de Santiago de Compostela, TVG e as entidades Ceo Aberto e SGAPEIO.

As tres liñas de actuación que GCiencia desenvolverá en colaboración coa FECYT son as denominadas BioGalicia e Innovar para Emprender (I+E) e un plan de contidos audiovisuais.

GCiencia celebra o seu primeiro aniversario cunha programación especial dende o pasado venres, 21 de novembro, día en que se publicou un editorial sobre o tema. Ademais, publicamos tribunas de opinión, escritas para GCiencia con motivo do aniversario, dos reitores das tres universidades de Galicia, do conselleiro de Educación e de científicos de recoñecido prestixio na comunidade. Así mesmo, publicamos un regalo que nos fixo o músico vigués Nicolás Pastoriza: a súa canción ‘Antimateria’, que aparecerá no seu próximo disco, estréase nun vídeo editado polo realizador Luis Montenegro que rende tamén homenaxe á misión Apolo 12, que cumpre agora 45 anos.

Lea o artigo en castelán.

Gciencia tivo nun ano visitas de 140 países do mundo.
Gciencia tivo nun ano visitas de 140 países do mundo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Gciencia celebra o Día da Lingua Materna cun relatorio sobre a divulgación en galego

A xornalista Laura Filloy abordou a importancia de trasladar o coñecemento científico á sociedade nun acto celebrado no Campus de Lugo da USC

Desmontando Mitos en catro minutos, o novo pódcast da colaboración de Gciencia coa Fecyt

O xornal da ciencia estrea este sábado a cuarta temporada da serie creada para combater falsas crenzas
00:05:26

Gciencia fai 10 anos

O portal da ciencia culmina dez días de celebracións polo seu décimo aniversario

Máis xornalismo e máis divulgación

Editorial de Gciencia polo seu décimo aniversario