Venres 19 Abril 2024

Galiciencia reunirá 79 proxectos de 40 centros educativos

Conta atrás para a maior feira científica de Galicia. A Tecnópole de Ourense acollerá a vindeira semana, entre os días 22 e 24 de novembro, a duodécima edición de Galiciencia. Case 80 proxectos de 40 centros educativos de toda Galicia, de Primaria, Secundaria e Bacharelato, terán oportunidade de ser presentados ante o público asistente na edición de 2017. Espéranse máis de 2.000 visitas durante os tres días. O evento conta conta coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt).

Hai proxectos de todo tipo: lentes para cegos impresas en 3D, un dispositivo tecnolóxico para escorrentar o xabaril das colleitas, un mecanismo para abrir as portas dos baños públicos sen usar as mans e outro para que as ventás de tellado se pechen soas se chove, un sistema de esterilización de auga low-cost e varias iniciativas de ciencia cidadá son algunhas das ideas dos mozos e mozas participantes.

Publicidade

Os tres mellores proxectos competirán na final estatal

A afluencia medra de novo, cun total de 50 proxectos de Secundaria e Bacharelato competindo polos premios que lles darán o pase á fase estatal. Haberá tres recoñecementos: ao proxecto máis innovador, ao método científico e proceso investigador mellor definido ou á mellor comunicación e presentación oral.

Entre estes, o que consiga a maior puntuación levará o primeiro premio, dotado con 1.000 euros para financiar a súa participación na maior feira científica a nivel estatal, a Exporecerca 2018. O clasificado en segundo posto terá unha dotación de 500 euros para apoiar a súa participación na Zientzia Azoka, a feira anual de ciencia que ten lugar cada ano na primavera en Bilbao. O proxecto que quede en terceiro lugar recibirá 200 euros para cubrir os gastos da súa participación no programa de actividades organizados polos Museos Científicos Coruñeses con motivo da Semana da Ciencia.

Ademais, 29 iniciativas desenvolvidas no ensino primario tamén terán oportunidade de facerse ver na feira. Proceden, en total, de 40 centros educativos, cinco máis que en 2016.

A astronomía, protagonista

Alén da feira, haberá actividades paralelas que terán á astronomía como protagonista, unha ciencia na que se centrou este ano un dos desafíos impulsados pola organización de Galiciencia. “Atrévete coa astronomía!” xa celebrou varias probas eliminatorias, e a final disputarase durante a propia feira.

Haberá tamén obradoiros de iniciación á astronomía, cun planetario e, no caso dos maiores, poderán explorar a cultura da astronomía e afondar na súa relación coa informática. Algúns dos espectáculos científicos, que terán como protagonistas ás galaxias, os planetas e as estrelas, poderanse seguir tamén por streaming.

Para o público que desexe acudir, Galiciencia estará aberta o mércores e o xoves de 15 a 18 horas para particulares e familias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UVigo reivindica no Día Mundial da Auga a importancia do seu acceso universal

A universidade impulsa a concienciación través dunha serie de pódcast con nenos e nenas e dun concurso escolar de microrrelatos
00:03:09

As patacas teñen lingua propia: o vídeo dunha galega finalista nun certame de divulgación

A investigadora da Misión Biolóxica de Galicia Lucía Martín Cacheda presenta unha peza audiovidual sobre a comunicación química das plantas

A eternidade por fin comeza un luns

Artigo gañador da VI edición do IGFAE C3, o concurso de comunicación científica do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías

PÓDCAST | A intelixencia artificial, o gran desafío do eido educativo

O investigador da UDC Francisco Bellas analiza no sexto episodio de O Descodificador o impacto do cambio tecnolóxico na educación