Venres 19 Abril 2024

Galiciencia abre a súa décima edición con 74 inventos escolares

Máis de 2.000 persoas visitarán a maior feira científica de Galicia, Galiciencia, entre hoxe mércores e o vindeiro venres en Ourense. O evento chega ao seu décimo aniversario cunha cifra récord de proxectos, un total de 74, dos que os 52 de Secundaria competirán polo premio final, mentres que os 22 de Primaria se expoñerán fóra de concurso. En total, estarán representados 17 concellos de toda Galicia, a participación máis diversa das rexistradas nestes dez anos de historia do certame. A eles súmanse catro proxectos de Cataluña e dous de Euskadi.

Estudantes na edición de 2014 da Galiciencia no Tecnópole de Ourense.
Estudantes na edición de 2014 da Galiciencia no Tecnópole de Ourense.

Durante os días 18, 19 e 20 de novembro a entidade organizadora, Parque Tecnolóxico de Galicia- Tecnópole, acollerá no seu recinto de Ourense unha carpa na que os expositores recibirán a visita de grupos escolares de toda Galicia, ás que se sumarán as persoas que acudan pola súa conta, con entrada libre para particulares e familias tanto en horario de mañá, de 10 a 13 horas, como de tarde, entre as 15 e as 18 horas.
A representación máis numerosa na exposición de proxectos procede dos concellos de Ourense e Vigo, con 12 inventos e enxeños cada un. A provincia de Ourense complétase con outros 10 de Pereiro de Aguiar e un de Pobra de Trives. De Pontevedra chegan, ademais dos de Vigo, 3 de Mos, 2 de Poio, 2 de Meis, un de Sanxenxo, un das Neves e outro de Redondela.
Da provincia da Coruña proceden 4 de Santiago, outros tantos de Cambre e 4 máis de Ponteceso, que se completan con 2 de Ferrol. No caso de Lugo, aos 4 do concello capitalino súmanse outros 4 de Folgoso do Courel e un de Ribadeo.
A Galiciencia chega á súa décima edición cunha oferta de actividades paralelas á exposición de proxectos máis ampla que nunca, que inclúe a conmemoración do Ano Internacional da Luz e das Tecnoloxías baseadas na Luz a través de catro talleres orientados a diferentes idades. Neles, os participantes descubrirán os fundamentos e as propiedades da luz, das cores e do láser a través de espectaculares experimentos. Esta será tamén a temática da exposición instalada polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e da charla que poderá seguirse online desde calquera centro educativo de Galicia grazas á súa retransmisión en streaming.

A feira achega a investigación aos estudantes e esperta vocacións científicas 

Os máis pequenos terán a ocasión de mergullarse no mundo da robótica a través doutro obradoiro e todos os que visiten a Galiciencia poderán percorrer os dez anos do evento a través dunha exposición de fotografía na que se recollen os mellores momentos. De novo, a Galiciencia contará cun equipo de reporteiros audiovisuais formado por participantes na feira que gravarán todo o que ocorra na exposición de proxectos e nos talleres e espectáculos para editar o vídeo oficial do evento coas mellores imaxes.
Ademais, o certame volverá montar a súa propia redacción de xornalistas, formada por estudantes previamente adestrados como reporteiros para cubrir o evento e elaborar entre todos a revista oficial, que será distribuída entre os asistentes á entrega de premios o último día.
Durante a clausura, ademais da entrega de premios aos mellores proxectos e ao gañador do concurso de fotografía científica convocado no marco do certame, todos os participantes soprarán as candeas dunha gran tarta para festexar o décimo aniversario da Galiciencia.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península

Si, pódese crear acuarela con bacterias: a UDC impulsa a divulgación a través da arte

CICAGallery estrea a súa primeira edición con cinco artistas que convivirán con distintos grupos de investigación da universidade