Xoves 25 Abril 2024

Galiciencia abre a inscrición para o seu concurso de proxectos escolares

Galiciencia, a maior feira científica de Galicia, continúa coas actividades previas á edición deste 2016, no que cumpre a súa undécima edición. O evento terá lugar entre o 16 e o 18 de novembro no polígono de San Cibrao das Viñas (Ourense), pero a organización xa ten aberto o prazo de recepción de proxectos, no que se fixa como data límite o próximo 23 de outubro. A feira conta, un ano máis, co apoio da Axencia Galega de Innovación (GAiN) e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt).

Os proxectos gañadores serán expostos durante a celebración da feira

O programa desta feira ten por obxectivo a difusión da ciencia entre os estudantes galegos, polo que gran parte das actividades xiran ao redor. Seleccionaranse 80 proxectos, dos que cincuenta serán de Secundaria, Bacharelato e FP, que competirán polo premio do certame. Amais, trinta proxectos de alumnos de Primaria e Educación Especial participarán fóra de concurso. Todas estas ideas estarán expostas ao público durante os tres días que dura a feira.

Publicidade

As bases xa están publicadas en www.galiciencia.com. Calquera centro escolar pode enviar as súas propostas. Os grupos deberán estar compostos por dous alumnos e un profesor. Como novidade desta edición, os equipos deberán elaborar unha presentación dixital na que se recollan os aspectos máis salientables da investigación, co obxectivo de potenciar a capacidade comunicativa dos participantes.

Monoplaza ideado por un grupo de alumnos participantes no concurso.
Monoplaza ideado por un grupo de alumnos participantes no concurso.

Deste xeito, Galiciencia continúa coas actividades previas á celebración do evento. Xa no mes de abril, a organización lanzou un desafío, denominado ‘Atrévete coas matemáticas’, no que participan estudantes de Secundaria e Bacharelato de toda Galicia. A fase final do concurso celebrarase durante a feira.

Aulas Tecnópole

De forma paralela, a Tecnópole de San Cibrao volve impulsar o seu programa de capacitación en habilidades innovadoras para escolares. Para apuntarse a esta actividade, a inscrición estará aberta ata o 30 de setembro. Nestas Aulas Tecnópole, participarán grupos de alumnos e alumnas de entre 9 e 18 anos. Aprenderán sobre todas as áreas do coñecemento, desde novas tecnoloxías ata humanidades.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UVigo reivindica no Día Mundial da Auga a importancia do seu acceso universal

A universidade impulsa a concienciación través dunha serie de pódcast con nenos e nenas e dun concurso escolar de microrrelatos
00:03:09

As patacas teñen lingua propia: o vídeo dunha galega finalista nun certame de divulgación

A investigadora da Misión Biolóxica de Galicia Lucía Martín Cacheda presenta unha peza audiovidual sobre a comunicación química das plantas

A eternidade por fin comeza un luns

Artigo gañador da VI edición do IGFAE C3, o concurso de comunicación científica do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías
00:05:26

Gciencia fai 10 anos

O portal da ciencia culmina dez días de celebracións polo seu décimo aniversario