O traballo publicado a pasada semana supón a primeira aparición de Galicia nun título de Nature. Fonte: USC/Nature Communications.
O traballo publicado a pasada semana supón a primeira aparición de Galicia nun título de Nature. Fonte: USC/Nature Communications.

A primeira vez de Galicia nun título de “Nature”

Un artigo publicado por investigadores da USC e a Pompeu Fabra marca un fito ao colocar por primeira vez "Galicia" nun título despois de máis de 100 anos

A pasada semana, a revista Nature Communications, publicación de acceso aberto do prestixioso grupo Nature, publicaba un artigo realizado por físicos da Universidade de Santiago de Compostela e a Pompeu Fabra, co título Urbanity and the dynamics of language shift in Galicia, na que se abordaba desde a Física un tema que xera moito debate no país: o uso do galego e o castelán dependendo do grao de urbanización de determinadas áreas, e os cambios que neste sentido se producen.

Alén da relevancia per se do traballo, había unha curiosidade que convertía este artigo nun feito sen precedentes na historia da prestixiosa revista: ata a semana pasada nunca aparecera a palabra Galicia referíndose a este recuncho atlántico no título nun dos dous principais grupos das publicacións científicas. Si aparecera a mesma palabra en 1903 en Nature, máis referíndose á Galicia centroeuropea.

Unha serie de ecuacións calcula a velocidade do cambio lingüístico en Galicia

O artigo Earthquake observations in Galicia, obra do xeólogo John Milne, un dos pais da sismografía moderna, describía unha serie de movementos sísmicos que tiveron lugar en Galicia, mais non aquí. Tal e como indica o resumo daquel texto, Milne menciona unha serie de sismos rexistrados preto de Lemberg, nome en alemán para a cidade de Lviv, hoxe pertencente a Ucraína. Esta é unha das cidades máis representativas da tamén coñecida como Galitzia, unha rexión histórica a medio camiño entre as actuais Polonia e Ucraína, e que durante moito tempo foi zona de transición entre os imperios ruso e austrohúngaro.

Hai que ir ata 1884 para ver Galicia, por única vez, na revista Science e a súa publicación de acceso aberto, Science Advances. Naquel ano, outro xéologo, Charles Barrois, publicaba o artigo The Geology of Asturias and Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.