Venres 29 Marzo 2024

Galicia asiste ao espectáculo do cometa verde

Lovejoy atópase á dereita da constelación de Orión.
Lovejoy atópase á dereita da constelación de Orión.

De acordo coas previsións, e segundo informa o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, as condicións meteorolóxicas das noites deste venres 9 ao sábado e do domingo 11 ao luns facilitarán a observación do cometa Lovejoy (C/2014 Q2) xa a primeiras horas da noitiña en Galicia.
O astro está a acadar estes días o máximo brillo (magnitude 5), o que teoricamente fai posible que se observe a simple vista desde lugares con ceos moi escuros e sen contaminación lumínica. Porén, uns prismáticos ou un pequeno telescopio axudarán á súa localización e seguimento. Conforme pasen os días irase facendo lentamente menos brillante e será a finais de mes canto se atope no seu perihelio.
Descuberto en agosto desde Australia por Terry Lovejoy, o chamado cometa ‘verde’ debido á clase predominante de gases xeados que contén, fundamentalmente cianóxeno e carbono diatómico, tardará cerca de 10.000 anos en volver.
Lovejoy, que amosa unha órbita case perpendicular á eclíptica, pasou este mércores a 70 millóns de quilómetros da Terra, a mínima distancia a nós. Actualmente se atopa xusto á dereita da constelación de Orión e debaixo do Touro, achegándose a está última nos vindeiros días.
O observatorio astronómico de Forcarei organiza o sábado, desde as 20.00 horas, unha xornada de portas abertas para contemplar o cometa verde. Situado no lugar de As Casetas no municipio pontevedrés, o observatorio permitirá unha visión mellor, e sobre todo compartida, do espectáculo do Lovejoy. Aínda que será visible mesmo a simple vista, recoméndase empregar prismáticos para realzar a visión do cometa.

2 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

A gran eclipse solar de abril: cando e onde vela en Galicia?

Este fenómeno astronómico será visible de maneira parcial no oeste da comunidade, especialmente na franxa atlántica da Coruña e Pontevedra

O mapa dos ‘químicos eternos’ en Galicia: ata 70 zonas sospeitosas de grave contaminación

Unha investigación europea sinala a presenza no continente destas substancias nocivas para o medioambiente e a saúde

Identificado un novo campamento romano na fronteira entre Galicia e Portugal

Un equipo de arqueólogos detecta un posible recinto fortificado de tres hectáreas de extensión datado entre os séculos I a.C. e I d.C.