Xoves 28 Marzo 2024

Os galegos teñen a maior porcentaxe de ADN africano

É un dato difícil de explicar e que contradí a historia. Porque a presenza musulmana en Galicia na Idade Media foi case anecdótica. Pero a presenza de ADN do Norte de África entre os galegos é a maior de toda España, moi por riba de zonas como Andalucía ou Valencia onde o Islam magrebí foi unha realidade establecida durante moitos séculos.

Os resultados chegan dun estudo publicado esta semana, elaborado pola Universidade de Santiago e a Universidade de Oxford. Nel participa o catedrático Ángel Carracedo, e no seu equipo califican como “sorprendente que Asturias, Galicia ou León teñan unha taxa de similitudes máis alta que zonas como Valencia ou Granada, onde houbo máis presenza de musulmáns”.

Publicidade

Pero aí están os datos dun estudo realizado sobre o xenoma de 1.413 individuos, seleccionados de xeito proporcional entre todas as comunidades autónomas. Este tipo de traballos son unha novidade nos últimos tempos e permiten achados como a estrutura xenética dos países ou a recente identificación da orixe dos escravos africanos en Estados Unidos, realizada coa participación do xenetista da USC Antonio Salas Ellacuriaga. Estes novos avances en xenética de poboacións mesmo teñen permitido resolver casos criminais, como aconteceu co da moza madrileña Eva Blanco.

Mapa con características xenéticas locais.
Mapa con características xenéticas locais.

Desta volta, os científicos traballaron cuns 693,092 SNPs, máis que dabondo para calcular a ‘proximidade xenética‘ entre individuos. É importante ter en conta que a data de nacemento media dos individuos obxecto do estudo foi 1941. É dicir, é previsible que a estrutura xenética actual sexa algo distinta (sobre todo, polos cambios socio-demográficos da industrialización dos anos 60). Pero isto afecta distribución das similitudes entre comunidades autónomas, e non a presenza de ADN propio do Norte de África.

O estudo revela tamén no mapa grandes eixos verticais de similitude xenética

Os resultados reservan moitas sorpresas. Por exemplo, nos mapas que acompañan o estudo vemos que as estruturas de reparto xeográfico por xenética son verticais. Isto significa que hai máis parecido xenético entre Andalucía, Estremadura e Asturias, que no eixo horizontal, que sería o máis esperado. Aínda así, vemos como se manteñen algunhas zonas con características xenéticas propias, pouco relacionadas co resto. E aquí coinciden con País Vasco-Navarra, Cataluña e Galicia.

Pero o máis chamativo para Galicia neste estudo é a pervivencia de ADN procedente do Norte de África. Xa nun estudo anterior, comezaron a apuntarse estes datos. E agora quedan confirmados e abren unha incógnita que a ciencia deberá clarexar. Estímase que un de cada cinco galegos teñen unha linaxe xenética compartido cos habitantes norteafricanos, aínda que estas características non se expresen nunha apariencia física concreta. Os investigadores falan de pequenos detalles e trazas xenéticas que son propias dunha zona xeográfica ou de outra. Pero que son inequívocamente distintivos e falan dunha linaxe común.

Aquí podes ler
O estudo xenético realizado por Oxford e a USC

34 COMENTÁRIOS

  1. Tiene todo el sentido, tras la reconquista la mayor parte de los musulmanes conversos fueron reubicados en el noroeste (se les acusaba de colaborar con la piratería de berbería), los no conversos fueron expulsados…y luego hubo varias repoblaciones del sur de la península con cristianos del norte de Europa (incluso en tiempos de Isabel II). Aquí el problema es el de confundir la cultura con la sangre (que son cosas diferentes, y que por definición inhabilitan los nacionalismos). Además, que en el noroeste haya un mayor porcentaje que en el resto de la península no quiere decir que sea significativamente importante respecto el total…

    • Non, non ten sentido ningún. Como iban a refuxiarse en Galiza se foron expulsados da Coroa de Castela?? Ainda que fose así, serían pouco numerosos como para influir no ADN… A xenética vén de antes, do tempo dos oestrimnios probabelmente chegados do Norte de África, ascendentes dos bereberes e asentados en toda a costa atlántica de Galiza e Portugal, pero ainda non estaban conquistados polos árabes que impuxeran máis tarde o islam.

  2. Tan científicos para unas cosas y tan poco para otras. Sencillamente la invasión musulmana no fue tal. Otra cosa son las mitologías sobre las que se construye cualquier nacionalismo, en este caso el español.

  3. Seu suficiente de como se realizan estes “estudios científicos” para afirmar convencida e contundentemente que este estudio e un montón de merda espichada nun jarabullo. Alguén debería facer un contra estudio e que despidan a ese incompetente da universidade de Santiago.

    Un estudio falso. Esto é como dicir que en África hay máis ADN chino que en toda a China.

    • El Sr. Ángel Carracedo, el que realizó el estudio, fue mi profesor el año pasado, y es el mejor del mundo en lo suyo, que es la medicina legal y el ADN. Puedes buscar sobre él donde quieras antes de menospreciar sin sentido alguno.

  4. No Norte de África hai grupos de poboación de orixes diferentes, foi colonizada por bizantinos, romanos, árabes, vándalos (un poco xermánico), e antes diso había varias poboacións bereberes. Ademais hai poboación de orixe subsahariano. Cando falan de xenes do Norte de África, falan de xenes frecuentes en poboacións por exemplo de lingua bereber, ou falan das poboacións das zonas arabizadas?? Ou de todo á vez. Por outro lado estas zonas da provincia de Pontevedra tiveron moita relación con Portugal, e en Portugal ata onde eu sei , quedaron bastantes máis xudeus

  5. Os árabes non ficaran na nosa terra. Os únicos con xenoma norteafricano non islámico eran os xudeus. A porcentaxe de galegos e portugueses de orixen xudea é superior ao resto. Pode ter relación con moitos factores sociopolíticos. Os xudeus viveran na península dende o século II, así que se ben o imperio musulmán non chegou ata nós pola guerra, en cambio os xudeus sí foron e son parte do noso povo.

  6. Os dous halotipos principais en Galicia son o europeo occidental R1b nun 60% e o norteafricano e1b nun 20-30%. O primero está mais localizado nas Illas británicas e o segundo na zona do Magreb. E cal e o punto intermedio entre estes dous lugares en liña recta navegando? Galicia.

  7. O estudo está certamente sesgado. Hai unha preponderancia da provincia de Pontevedra e moita escaseza de datos do resto das provincias galegas. Sería precisa unha mostraxe máis representativa pra chegarmos a conclusións máis acertadas.

  8. Os fenicios probablemente tiveron unha pegada importante na xenetica galega, xa que está comprobado a sua importancia no mercadeo cos pobos castrexos, e estos eran norteafricanos, somos moitos os galegos que somos bastante morenos

    • Os fenicios habitaban no actual Libano,en oriente medio.Os cartaxineses si eran norteafricanos,do actual Tunez.Pero eu penso que este aporte xenetico debe de ser moito mais antergo,da prehistoria.O que queda claro,para min,é que o numero de norteafricanos na españa musulmana era moi escaso,que eran os españois convertidos ao islam a inmensa maioria da poboación.

  9. Os fenicios probablemente unha pegada importante na xenetica galega, xa que está comprobado a sua importancia no mercadeo cos pobos castrexos, e estos eran norteafricanos, somos moitos os galegos que somos bastante morenos

  10. Insisto en que apuntar a los moriscos es un error. Galicia en la edad media no era el erial demográfico de hoy; todo lo contrario. Una migración que deja un 20% de marcadores norteafricanos desde luego dejaría rastro documental , y apenas hay registros de unos pocos moriscos un grupo que no era norteafricano sino mestizo, mayormente población indígena conversa el Islam, pues los bereberes eran una minoría en Al-Andalus y poblaron zonas concretas, los árabes más minoritarios aún aunque eran la élite. Los marcadores son anteriores, proceden seguramente del Neolítico. Están presentes en zonas con nula presencia histórica de moriscos como es Irlanda o Escocia, y estos marcadores norteafricanos tienen mayor prevalencia en las zonas de habla gaélica y en hombres con apellidos gaélicos, es decir, entre la población con menos mezcla con los grupos que llegaron con posterioridad a la edad de hierro: pueblos germánicos, normandos, colonos ingleses etc

  11. El problema con la hipótesis morisca es que nada respalda un movimiento migratorio tan importante como para dejar un rastro de un 20% de marcadores norteafricanos. Algo así quedaría registrado en los escritos. Estudios similares han mostrado igualmente marcadores norteafricanos en Irlanda, y moriscos allí desde luego no hubo.

  12. Tal vez os moriscos e xudeus ao ser expulsados refuxiaronse en galicia moitos deles xa que aquí os nobles galegos estaban a ser reemplazados polos castelans por haber apoiado a beltraneja e tiñan que preocuparse deles mesmos antes que facer limpiezas etnicas

  13. Ola gciencia, por que non poñedes os datos de portugal q son iguais ca os de galicia e q explican os resultados?? No estudo sí saen

  14. Según o propio Anxel Carracedo eso debese a que durante a reconquista e logo coa expulsión dos moriscos estes refuxiaronse en Galicia.

    • Pero como iban a refuxiarse en Galiza se foron expulsados da Coroa de Castela?? Ainda que fose así, serían pouco numerosos como para influir no ADN… A xenética vén de antes, do tempo dos oestrimnios probabelmente chegados do Norte de África, ascendentes dos bereberes e asentados en toda a costa atlántica de Galiza e Portugal, pero ainda non estaban conquistados polos árabes que impuxeran máis tarde o islam.

  15. Creo que hai uns meses nun artigo de GCiencia se falou dunha posible orixe africana dos celtas, podería ser esta a explicación?

  16. Terá que ver cos primeiros poboadores? Sabemos que a especie humana parte de África cara o norte. É posible que a endogamia dos pobos máis illados (Galiza, Euskadi) fixera pervivir esa xenética antiga, menos cruzada con xente do norte ata que chegaron os suevos, que tampouco e que viñeran en cantidades inmensas…
    Outra opción (ue non vexo tan probable) sería a resultas das violacións dos piratas sarracenos do medievo, pero non me parece tan probable…

  17. “Os resultados reservan moitas sorpresas. Por exemplo, nos mapas que acompañan o estudo vemos que as estruturas de reparto xeográfico por xenética son verticais. Isto significa que hai máis parecido xenético entre Andalucía, Estremadura e Asturias, que no eixo horizontal, que sería o máis esperado.”

    Pois, desde a minha ignorância, parece-me moi lógico, as repovoaçons de cristaos foram de norte a sul… Galiza cara a Portugal, reino Asturias-Leao cara à estremadura, Castela cara a Mancha e Andalusia oriental, Aragom cara a Valencia, …

    De outra parte, muito interessante os vínculos genéticos de galegos e bereberes …. qual a explicaçom ?

    • Ainda que a repoboacion que seguia á conquista non foi tanta como se di, o avance foi cara ao Sur. Galegs, asturians e leoneses (antigo reino con capital en Leon) expandironse cara a Extremadura española e portuguesa

      • Bueno, además de la cuestión de cuántas personas repoblaron, también está la del éxito reproductor diferenciado de unos grupos sociales y otros, y las no pocas limpiezas étnicas varias que hubo a posteriori.

        Además, al menos por lo que respecta a la submeseta sur, sí que hubo una fase muy importante de “desierto demográfico”, por lo que aunque la repoblación no fuera especialmente importante, tampoco quedaba demasiado con lo que mezclarse (y encima estaba mal visto mezclarse, sobre todo a partir de la obsesión por la ‘pureza de sangre’ del s. XIV-XV en adelante).

        El mapa genético desde luego que concuerda muy bien -al menos en los casos que conozco más de cerca- con las repoblaciones que se siguieron tras la conquista cristiana.

        Personalmente creo que hace falta bastante más información sobre marcadores específicos, tratando de recabar el momento de su aparición, etc.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

A gran eclipse solar de abril: cando e onde vela en Galicia?

Este fenómeno astronómico será visible de maneira parcial no oeste da comunidade, especialmente na franxa atlántica da Coruña e Pontevedra

Investigadoras galegas constatan que as mulleres autistas camuflan máis os seus síntomas

O enmascaramento provoca retrasos no diagnóstico e problemas de saúde mental derivados da presión social

O mapa dos ‘químicos eternos’ en Galicia: ata 70 zonas sospeitosas de grave contaminación

Unha investigación europea sinala a presenza no continente destas substancias nocivas para o medioambiente e a saúde