Martes 19 Marzo 2024

Fogos fatuos: a reacción química da Santa Compaña

O avance da ciencia e a tecnoloxía fixo diminuír en gran medida, a cantidade de fenómenos paranormais que moita xente aseguraba ter presenciado. Algunhas destas experiencias, vinculadas ao Samaín e ao Día de Defuntos, contan como os fogos fatuos, supostas ánimas dos mortos, alumeaban sobre o solo dos cementerios, desprendendo unha especie de charamela. Hai quen vía nelas á Santa Compaña, que se aparecía non só nos cemiterios, senón tamén no solo das brañas, ou por riba da auga dos lagos ou estanques. A literatura, a tradición oral e as lendas narran moitos casos desde hai centos de anos en Galicia.

A lenda era certa, mais non eran espíritos. O que vían estas persoas era unha reacción química que ten lugar en presenza de organismos en descomposición. Os fogos fatuos son pequenos escapes de gas metano que reacciona ao contacto co aire en determinadas condicións de temperatura e humidade.

Publicidade

A tradición oral fala de casos nos cemiterios, as brañas e os estanques

Cando a materia orgánica (pode ser un corpo humano, animais, follas ou plantas) situada baixo o terreo comeza a descompoñerse, as reaccións químicas nas que participan compostos derivados do fósforo liberan metano, que adoita desprenderse paseniño cara o exterior. Ás veces, nalgunhas condicións, o terreo retén eses gases. Pero entón, un cambio de humidade, temperatura ou concentración pode facer que, de súpeto, saian á superficie, xerando unha reacción en forma de lapa azulada, e que nalgúns casos tamén pode ser amarela, verdosa ou avermellada. Non é propiamente un lume, xa que a súa temperatura é relativamente baixa, mais a reacción si desprende enerxía en forma de luz.

Amais, excepcionalmente, os fogos fatuos poden xerar un efecto chamada noutros depósitos próximos destes mesmos gases, polo que poden perdurar durante varios minutos.

Adoitan ser máis habituais en zonas húmidas e con moita materia orgánica, como as brañas, as turbeiras ou os estanques, onde os procesos de putrefacción son máis rápidos. Pero tamén se poden dar, como ben narra a tradición oral, no caso dos cemiterios, cando os cadáveres eran sepultados baixo o solo e os cadaleitos non illaban ben o proceso de descomposición.

1 comentario

  1. Lamentable que teñamos que alentar os nosos rituais por oposición ao Hallowenn, cando teñen sentido por si propios.
    Dobremente lamentable se, para facernos escoitar, impostamos o nome de Samaín, absolutamente alleo e, casualmente, o nome co que antigamente eles -os do Hallowenn, non nós- designaban, por advocación a un deus, o encontro cos seus defuntos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O renacer do Entroido: “Hai un desexo de diferenciación e xorden festas novas”

O antropólogo Rafael Quintía apunta que nalgúns lugares recibe o nome de ‘Entruido’ ou ‘Antroido’ e que é unha festa fundamentalmente rura

Arqueoloxía para reconstruír os campos de concentración franquistas en Galicia

O CSIC leva a cabo un estudo da represión e violencia fascista durante a Guerra Civil e a Ditadura no Estado español

A humanidade xa camiñaba ergueita hai sete millóns de anos

Un estudo publicado en 'Nature' revela que 'Sahelanthropus' practicaba o bipedismo habitual

Homeostase e crise do coronavirus

Os autores expoñen a necesidade de coidar e manter os equilibrios internos na sociedade para afrontar a crise, tal e como demostra a propia evolución