Dous proxectos galegos, finalistas nun certame de innovación educativa

O profesor galego Xacobo de Toro, do IES Urbano Lugrís de Malpica, que recibiu nos últimos anos varios recoñecementos polo seu traballo innovador no eido da educación, e Sergio Rosales, do CEIP Viñagrande de Deiro, de Vilanova de Arousa, son os dous docentes galegos finalistas no concurso Acción Magistral, un certame que recoñece ideas de toda España que aposten por novos enfoques para o ensino e a docencia.

Ata este domingo pódese votar polo proxecto preferido, entre os 15 finalistas. E os 10 que reciban máis votos serán os gañadores do concurso.

IES Urbano Lugrís


Desde o centro malpicán participan con Paisaxe Vivida 360º, un proxecto co que pretenden usar imaxes gravadas cun dron en 360 graos para utilizalas como recursos na aula. Así, segundo explica Xacobo de Toro, os alumnos e alumnas poderán ter desde clase unha aprendizaxe inmersiva nas paisaxes, hábitats e ecosistemas de Galicia, e crear tamén maquetas en 3D para utilizalas no mesmo senso.

CEIP Viñagrande


Desde Vilanova de Arousa, o equipo de alumnos dirixido polo profesor Sergio Rosales pretende facer realidade un comedor escolar, do que carecen os colexios da zona, mediante un traballo de investigación, contacto con expertos e aprendizaxe na propia aula. O equipo quere levar ao centro a profesionais de grande relevancia para que os asesoren en eidos como a arquitectura, o deseño de interiores, a gastronomía ou as materias primas da zona.

Podes votar ata este domingo aos proxectos na web de Acción Magistral.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.