Os investigadores do grupo Nanobiomol, da Universidade de Santiago.
Os investigadores do grupo Nanobiomol, da Universidade de Santiago.

Facendo caixas microscópicas

Como envolverías nun paquete algo microscópico? Facendo unha caixa microscópica. E non é fácil. Ten que ser unha estrutura dez millóns de veces máis pequena que un metro. Como coller un centímetro e dividilo por 100.000. Pero en Santiago hai equipos especializados en facelo. A prestixiosa revista Angewandte Chemie, que recoñece investigacións da máxima calidade no campo da química, leva á portada do seu último número un traballo realizado por persoal investigador do Grupo Nanobiomol da USC no que se describe un novo protocolo para obter diferentes tipos de nanoestruturas a partir dun único polímero helicoidal e certas sales metálicas.

Os polímeros helicoidais empregados son os poli(fenilacetileno)s, unhas macromoléculas que presentan como característica sobresaliente que o seu sentido de xiro helicoidal se pode axustar pola acción de diversos estímulos externos tales como temperatura, polaridade ou ións metálicos. En consecuencia, estes polímeros actúan como sensores.

O polímero pode encapsular sustancias microscópicas para transportalas

Co seu traballo, as investigacións do CIQUS incorporaron esta familia de polímeros ao campo das nanoestruturas. Os diferentes tipos de nanoestruturas (nanoesferas, nanotubos, nanotoroides) obtivéronse a partir dun único polímero helicoidal e catións de metais diversos. Estes últimos fixan conformacións específicas, actúan como axentes intercalantes e modulan o sentido helicoidal do polímero (xiro a dereitas ou a esquerdas). Como resultado, obtéñense nanoestruturas quirais con diferentes formas. No seu interior pódense encapsular diversas sustancias orgánicas e inorgánicas.

A investigación levárona a cabo o investigador Ramón y Cajal Felix Freire e a investigadora predoutoral Sandra Arias, membros do grupo de Emilio Quiñoá e Ricardo Riguera, tamén co autores do traballo.

O grupo Nanobiomol, pioneiro na síntese de novas nanoestruturas quirais seguindo novidosas formulacións través de métodos químicos en disolución, publicou outros resultados relacionados con este actual campo de investigación nas portadas de revistas científicas de prestixio como The Journal of the Chemical Society e Chemical Science (Royal Chemical Society). Actualmente o grupo segue traballando na xeración de novas nanoestruturas.

As nanoestruturas deseñadas polo grupo  Nanobiomol.
As nanoestruturas deseñadas polo grupo Nanobiomol.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.