Venres 29 Marzo 2024

Expectación polo paso de Mercurio diante do Sol

O tránsito do planeta Mercurio por diante do disco solar é un fenómeno singular que, como media, se produce 13 veces por século. Logo dos seus tránsitos en 2003 e 2006, Mercurio volverá pasar por diante do disco solar o próximo luns 9. Trátase dun fenómeno dos que unicamente Mercurio e Venus, os planetas interiores, poden ser protagonistas.

Comparación do tamaño da Terra e de Mercurio.
Comparación do tamaño da Terra e de Mercurio.

Segundo detalla o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, José Ángel Docobo, os tránsitos do planeta máis próximo ao Sol prodúcense a intervalos de 3.5, 7, 9.5, 10 e 13 anos. Outra das súas particularidades é o paso ante a estrela só se produce preto dos días 8 e 9 de maio e 10 e 11 de novembro, datas en que Mercurio atravesa o plano da Elíptica. O propio Docobo indica que se as órbitas de Mercurio e Venus fosen coplanarias coa da Terra (a Elíptica), “entón poderiamos contemplar 3 tránsitos de Mercurio ao ano, pero a órbita deste último está inclinada 7º respecto á Elíptica e iso fai que o suceso se converta nalgo pouco usual”. Logo da do próximo luns, este tránsito non se volverá producir ata 2019.

Publicidade

Como engade o director do Observatorio da USC, o do próximo luns comezará ás 13 horas, 12 minutos e 39 segundos e terá o seu medio ás 16 horas, 56 minutos e 30 segundos. A pesar das previsións meteorolóxicas para os próximos días, José Ángel Docobo móstrase esperanzado ante a posibilidade de poder observar este fenómeno “nalgún momento de entre as súas máis de 7 horas de duración”.

Os tránsitos de Mercurio permitiron determinar as dimensións do Sistema Solar

Como xa ten advertido o profesor Docobo, “o único método seguro para seguir o tránsito é proxectar a imaxe do Sol sobre unha pantalla, nunca mirando cara el directamente”. Para facilitar o seu seguimento, o Observatorio da USC organizará unha sesión de observación pública incluída no seu programa de divulgación TodoCosmos que comezará ás 13.30 horas se as condicións meteorolóxicas o permiten.

O primeiro tránsito de Mercurio do pasado século fora seguido dende Lalín en 1907 por Ramón María Aller Ulloa, facendo logo unha pormenorizada descrición do suceso nun texto que permaneceu inédito ata 2013, data na que foi publicado de xeito facsimilar no número 12 do anuario Descubrindo.

O profesor Docobo explica que, no pasado, os tránsitos foron moi útiles para axudar a determinar as dimensións do Sistema Solar. Na actualidade, a súa observación noutras estrelas é unha das técnicas que máis planetas extrasolares ten permitido descubrir.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:05:02

Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona?

É unha técnica tradicional para branquear a roupa que seguimos empregando hoxe. A ciencia confirma a eficacia dos raios solares como o mellor desinfectante natural

A Lúa non ten ceo

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de “E se estivésemos equivocados? E se a Terra...

A NASA detecta un enorme burato no Sol

O Observatorio de Dinámica Solar capta un vídeo do fenómeno e prognostica unha tormenta xeomagnética nos vindeiros días

Cinco asteroides pasarán preto da Terra en apenas 24 horas

A NASA confirma que ningún deles é potencialmente perigoso, pese a que pasarán a menos de 7,5 millóns de quilómetros do planeta