Revelan a estratexia que utiliza o herpes para ‘conquistar’ o sistema nervioso

O estudo sobre o virus, presente en 2 de cada 3 humanos, podería axudar a obter candidatos a vacinas que preveñan a infección

O virus do herpes é un dos patóxenos máis
O virus do herpes é un dos patóxenos máis "exitosos", xa que está presente (aínda que moitas veces latente) en 2 de cada 3 persoas.

Un estudo realizado por investigadores da Universidade Northwestern dos EUA e publicado por Nature atopou unha peza clave do quebracabezas que converte ao virus do herpes nunha arma moi complexa de combater por parte do organismo. Un dos riscos asociados a esta infección é que chegue ao sistema nervioso, causando complicacións de saúde. Este achado pode sinalar, segundo os seus autores, o camiño cara a novas formas de tratar e mesmo previr os efectos do herpes.

Esta enfermidade é moi común no mundo, aínda que moitas veces fica latente. Estímase que está presente en dous de cada tres seres humanos, ben sexa na súa variedade de transmisión oral, a tipo 1 (HSV-1) ou sexual (HSV-2). Adoita ser, por tanto, silencioso, pero pode manifestarse de cando en vez, impulsado por diversos factores, como as ampolas en determinadas partes do corpo. En ocasións é máis grave, como os que afectan aos ollos, a súa evolución mesmo pode comprometer a visión, encefalite, e noutros casos, como os procesos de embarazo, a transmisión de nai a feto pode ser fatal. E mesmo chegou a vincularse á posible aparición de demencia.

A pesar das diversas estratexias deseñadas para combatelo, o virus do herpes é capaz de esquivar o sistema inmunitario e acadar o sistema nervioso periférico. O traballo publicado en Nature revela a estratexia que usa o patóxeno para ficar neste sistema, o que podería abrir a porta a tratamentos preventivos, como vacinas.

O estudo, liderado polo equipo do profesor Gregory Smith, explica como o herpes secuestra unha proteína das células da pel e convértea nunha especie de aliada que a axuda a viaxar ata o sistema nervioso periférico. Estas características convérteno, segundo o científico, “posiblemente nos patóxenos máis exitosos coñecidos pola ciencia“. “O virus precisa inxectar o seu código xenético no núcleo da célula para producir copias de si mesmo. A gran pregunta é: como chega ao núcleo dunha neurona?”, di Smith.

Como moitos outros virus, o herpes usa unha especie de ‘motores’ de proteínas, neste caso a quinesina, que o axuda a chegar ás neuronas. “Ao saber como o virus acada esta fazaña, podemos averiguar como evitar que aconteza”, engade o investigador. “Se podemos evitar que asimile a quinesina, teriamos un virus que non podería infectar o sistema nervioso e, por tanto, un candidato para unha vacina


ReferenciaHerpesviruses assimilate kinesin to produce motorized viral particles (Publicado en Nature).

1 comentario

  1. Sería moi importante acadar unha vacina contra os herpes por estar presentes en tantos humanos
    e que a medida que o noso sistema inmune se
    descoide pode producir os un bo disgusto .

    No IRPF debería haber un apartado para donar á
    ciencia de Galiza .

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.