María Aymerich (esquerda) e María Antonia Señarís reciben os seus premios de mans de Miguel Ángel Ríos. Fotos: RAGC.
María Aymerich (esquerda) e María Antonia Señarís reciben os seus premios de mans de Miguel Ángel Ríos. Fotos: RAGC.

A RAGC entrega os seus Premios de Investigación apelando á mellora da xestión da ciencia

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) entregou este mércores os seus Premios de Investigación Ernesto Viéitez 2017, nun acto que tamén serviu para abrir o curso académico da entidade. Os premiados, un grupo de científicos da UDC que deseñou uns innovadores frigoríficos, e a investigadora María Aymerich, da USC, que desenvolveu un sistema de vasos sanguíneos artificiais, recibiron os galardóns de mans do presidente da RAGC , Miguel Ángel Ríos; o reitor da USC, Juan Viaño; o reitor da UDC, Julio Abalde; e a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey.

Foto de familia dos premiados: Foto: RAGC.
Foto de familia dos premiados: Foto: RAGC.

O propio presidente da RAGC, Miguel Ángel Ríos, que afronta o último ano do seu mandato, destacou que a selección dos traballos premiados baseouse “na categoría científica e na utilidade social das investigacións”. Ríos lembrou, do mesmo xeito, ue os premios Ernesto Viéitez “contribúen dun xeito moi eficaz a avanzar na importantísima tarefa de darlle visibilidade á ciencia e poñela en valor ante os ollos dos cidadáns, para que sexan conscientes dos retornos que recibe a sociedade do investimento en investigación”.

Tamén quixo facer o presidente unha chamada á mellora da xestión e a política científica en Galicia. “A sociedade xógase o seu futuro coa xestión da ciencia. E aludiu ao déficit de cultura científica como “un dos atrancos importantes cos que se atopa hoxe o desenvolvemento do noso país”.

Os premios

Durante a súa intervención en representación de todos os galardoados, a investigadora da UDC María Antonia Señarís subliñou que “cómpre que Galicia sexa consciente e consecuente e aposte máis fortemente pola ciencia e a investigación”, argumentando que se trata dun elemento estratéxico á hora de asegurar a competitividade, o desenvolvemento económico e o benestar social dun país.

Señarís explicou que, se ben facer investigación é unha tarefa “apaxionante, creativa e noble, unha aventura e un desafío constante cheo de emoción”, tamén é “dura e difícil e require de moita enerxía, sacrificio, resistencia e tesón”. Por iso, insistiu en que, tras os tempos complicados da crise, “é imprescindible acadar das nosas Institucións un compromiso claro e firme coa investigación e co seu financiamento, para darlle un novo impulso con perspectiva a curto, medio e longo prazo”.

Novos académicos

O acto de inauguración do curso académico tamén serviu para que Miguel Ángel Ríos anunciase a incorporación de tres novos académicos á entidade, que se suman aos 18 que entraron nestes últimos catro anos: o catedrático de Estatística Wenceslao González Manteiga, a catedrática de Química Analítica Pilar Bermejo Barrera e o catedrático de Economía Financeira José Antonio Redondo López.

A lección inaugural do curso estivo a cargo de José Ramón Cancelo de la Torre, que disertou sobre as fontes do crecemento económico e expuxo os datos relativos a esta variable en España entre os anos 1970 e 2016.

Tamén podes ler:

universidade/neveiras-futuro-asoman-udc/

saude/arterias-de-vidro-para-estudar-doenzas-coronarias/

 

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.