O coordinador do congreso, José Ángel Docobo, presenta as xornadas. Foto: Rosalía Quiroga.
O coordinador do congreso, José Ángel Docobo, presenta as xornadas. Foto: Rosalía Quiroga.

Encontro sobre mecánica celeste en Santiago

Este luns comezaron na Facultade de Matemáticas de Santiago as XVII Xornadas de Traballo en Mecánica Celeste, un encontro de tres días organizado no marco do 75º aniversario do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC. Trátase dunha reunión científica na que participan especialistas internacionais do ámbito das matemáticas, astrodinámica, computación, enxeñaría e ciencias do espazo.

O congreso, organizado en sete sesións, conta con 25 comunicacións e cinco conferencias convidadas. A primeira sesión comezou coa intervención do coordinador do congreso e director do Observatorio Astronómico da USC, José Ángel Docobo, quen destacou a importancia de “poñer en valor a astronomía e achegar o coñecemento á sociedade”. A continuación, o investigador Daniel Baldomir presentou a conferencia titulada ‘Formación de ondas gravitatorias, a súa propagación e detección’, na que explicou diferentes investigacións científicas e repasou as teorías de Einstein ou Newton.

Nesta primeira sesión tamén se presentaron as conferencias ‘Ondas gravitatorias de obxectos compactos binarios e triples’ e ‘Nonlinear stability analysis of an equilibrium position in the photogravitational sitnikov problem’, a cargo dos investigadores Luca Piccotti e Boris Bardin, respectivamente.

As seguintes sesións inclúen contidos como a bifurcación de Hopf no átomo de hidróxeno, o sistema kepleriano con perturbación radial, a estabilidade de sistemas hamiltonianos dexenerados ou os métodos de optimización aplicados ao cálculo de órbitas conxeladas. O acto de clausura do congreso terá lugar o mércores 27 ás 13.50 horas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.