Venres 19 Abril 2024

#ConversasCINBIO, con Isabel Pastoriza

A líder do grupo de investigación FunNanoBio pecha o ciclo de entrevistas este martes 29 a partir das 20 horas

O ciclo de entrevistas #conversasCINBIO, organizado por GCiencia e o Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo, péchase este martes 29 de xuño ás 20 horas co encontro con Isabel Pastoriza, líder do grupo de Investigación en NanoBioMateriais Funcionais (FunNanoBio), da área de Nanomateriais do CINBIO. A entrevista poderá seguirse en directo nas redes de GCiencia e CINBIO e en gciencia.gal.

Isabel Pastoriza Santos (Bueu, 1974), é Doutora en Química pola Universidade de Vigo (2001). Na actualidade é Profesora titular no Departamento de Química Física e investigadora do CINBIO. Desde  o 2012, coordina e lidera o grupo FunNanoBio. A súa investigación céntrase na síntese, ensamblado e modificación superficial de nanopartículas con propiedades singulares, así como no desenvolvemento de materiais nanoestruturados (multi) funcionais e ferramentas conaplicación en nanoplasmónica, (bio)detección, catálise e biomedicina. Na súa traxectoria recibiu importantes recoñecementos como En 2011 foi galardoada co premio L’Oreal-Unesco “Polas Mulleres na Ciencia”, e recentemente acadou o Premio á Excelencia Investigadora 2021 que outorga a Real Sociedad Española de Química.

Publicidade

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O festival CinVigo volve esta fin de semana á Porta do Sol con ciencia e diversión

A programación do CINBIO inclúe unha feira científica, obradoiros infantís, unha xincana, maxia e espectáculos

O CINBIO, seleccionado para crear os dispositivos que marcarán o futuro da enerxía solar

No marco do consorcio europeo ‘Adaptation’, a entidade elaborará partículas capaces de captar luz do Sol con capacidade de refrixeración

Por que o exercicio físico axuda a que os tratamentos médicos funcionen mellor?

É unha ferramenta barata, fácil de usar e moi efectiva coa que podemos mellorar o prognóstico da maioría de enfermidades

O CINBIO explora novas estratexias terapéuticas para trastornos do sistema inmune

O proxecto coordinado pola investigadora Verónica Salgueiriño estuda as citoquinas, as cales facilitan a comunicación entre as células do sistema inmunolóxico