A Vía Láctea corusca no ceo de xeito espectacular.

Dúas eclipses de Sol e Lúa, as estrelas astronómicas deste verán

En Galicia veremos a sombra parcial sobre o noso satélite natural e a choiva de estrelas das Perseidas chega preto do plenilunio

Unha eclipse de Sol e outra de Lúa serán as estrelas do ceo nocturno este verán, xunto ás tradicionais choivas de estrelas das Perseidas e das Delta Aquáridas. Ademais, haberá algunhas interesantes observacións de planetas.

Este verán terá dúas eclipses. O 2 de xullo haberá unha eclipse total de Sol, pero por desgraza non será visible en Europa. Pero imos ter as imaxes que captarán afeccionados á astrofotografía dende Suramérica e o Pacífico Sur, ademais dos principais observatorios do hemisferio Sur, como o Austral situado en Chile.

Pouco máis adiante, si poderemos disfrutar en Galicia dunha eclipse parcial de Lúa, na noite do 16 ao 17 de xullo. Será visible desde América, África e Europa. Coincidirá coa saída da Lúa en Galicia, arredor das 22.00 horas, e estendéndose ata a 1.00 do día 17.

A eclipse de Lúa en Galicia de xaneiro de 2019. Foto: GCiencia.

Durante os amenceres deste verán serán visibles os planetas Venus e Mercurio (este último só en agosto). Durante os atardeceres poderemos ver Xúpiter, Saturno e Marte (este último ata mediados de xullo).

Por desgraza, este non vai ser un bo ano para observar as Perseidas, a choiva de meteoros máis importante do verán. A razón está en que a máxima actividade da choiva, o 12 de agosto, haberá unha Lúa moi brillante, pois o plenilunio terá lugar o día 15. Con todo as condicións de observación serán mellores para as Delta Acuáridas que teñen o seu máximo o 30 de xullo, tan só unha noite anterior ao novilunio.

Durante a estación estival poderá verse unha aliñación Xúpiter-Lúa-Saturno os días 12 ao 16 de xullo, entre o 9 e o 13 de agosto e do 5 ao 8 de setembro.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.