intermares

Divulgación a bordo do buque Intermares

O porto de Vigo acolle mesas redondas e xornadas divulgativas ata o vindeiro venres no patrulleiro da Armada

Desde este luns 5 e ata o día 9, o peirao de Trasantlánticos do porto de Vigo acolle ao buque Intermares, no que se celebrarán xornadas de divulgación e mesas redondas acerca do sector marítimo e pesqueiro. Nas actividades, organizadas pola Secretaría Xeral de Pesca, colaboran a Autoridade Portuaria de Vigo, a Fundación MarinnLeg e o Instituto para o Crecemento Sostible da Empresa (ICSEM) e nelas participan expertos de diversos eidos.

Tras ser sometido a un fondo proceso de renovación, o Intermares volve á actividade como barco de formación e cooperación pesqueira.  Ao longo de toda a semana levaranse a cabo toda unha serie de obradoiros, conferencias, talleres… coa actividade pesqueira e a investigación mariña como temáticas centrais.

Despois das charlas divulgativas con expertos da UVigo cmo Mariano Lastra, Jesús Souza, Diego Salgueiro ou Estefanía Paredes, haberá tamén visitas estudantís, como a programada para o mércores 7 por parte de estudantes do Mestrado de Oceanografía.

Mesas redondas

Por outra banda, durante o mércores 7 celebraranse tamén dúas mesas redondas sobre o sector. A primeira delas, de 10 a 12 da mañá, abordará “A cooperación ao desenvolvemento e o sector pesqueiro: ferramentas e instrumentos”, na que tomarán parte representantes do ICSEM, a Secretaría de Pesca e Marinnleg. A continuación de 12 a 14 horas, falarase de “A Armada e o seu papel nas relacións internacionais para asegurar e promover a paz e a seguridade internacional no mar”. É posible inscribirse, de balde, nos enderezos carrerasazules@apvigo.es, bluegrowthvigo@apvigo.es ou no teléfono 986268000 Ext. 6116.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.