Mauro Ferrari renunciou á presidencia do ERC.

Dimite ‘decepcionado’ o presidente do Consello Europeo de Investigación

Mauro Ferrari publica unha dura carta na que critica a falta de unidade e de recursos científicos "que substituísen a improvisada intuición dos políticos"

Mauro Ferrari, presidente do Consello Europeo de Investigación, anunciou a súa dimisión por discrepancias na xestión da crise do coronavirus. Ferrari tratara de organizar un programa científico a grande escala para loitar contra a Covid-19. Levaba apenas tres meses no cargo.

O ata o de agora presidente do Consello enviou o pasado martes a súa carta de renuncia á presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, e explicou os motivos da súa dimisión nunha comunicado remitido ao Financial Times recoñecendo que está “profundamente decepcionado” pola resposta europea á Covid-19.

“Cheguei ao Comité Científico da UE sendo un fervente seguidor da UE, pero a crise da Covid-19 cambiou totalmente os meus puntos de vista” afirma o profesor Ferrari no comunicado que, con todo asegura que segue “apoiando os ideais da colaboración internacional con entusiasmo”.

As discrepancias de Ferrari comezaron no mes de marzo “cando era evidente que a pandemia seria unha traxedia de posiblemente proporcións sen precedentes”. Pero houbo unha “ausencia total de coordinación” nas políticas de saúde entre países.

“Cría que nun momento como este, os mellores científicos no mundo debían ter os recursos e as oportunidades para loitar contra a pandemia, novas ferramentas de diagnóstico, novos enfoques dinámicos de comportamento baseados ​​na ciencia que substituísen as improvisadas intuicións dos líderes políticos”, asegura Ferrari no escrito.

Pero as propostas de Ferrari foron rexeitadas polo Comité Científico, que asegurou que “cría que estaba xustificado pola carga mortal, sufrimento, transformación social e devastación económica [que xeraría o virus], especialmente para os máis débiles nas sociedades do mundo”.

O profesor recoñece no seu escrito que perdeu “a fe no sistema”. Ferrari conclúe o escrito asegurando que “agora é o momento de que regrese á fronteira, á primeira liña de loita contra a Covid-19, con recursos e responsabilidades reais, lonxe das oficinas de Bruxelas, onde as miñas habilidades políticas son claramente pouco axeitadas”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.