De dereita a esquerda, Marco Antonio Álvarez González, Juana Flores e Xavier Bessa. Fonte: Hospital do Mar
De dereita a esquerda, Marco Antonio Álvarez González, Juana Flores e Xavier Bessa. Fonte: Hospital do Mar

Unha dieta para non pasar fame antes dunha colonoscopia

Investigadores do Hospital del Mar deseñaron unha dieta baixa en fibra e cunha cantidade de calorías normal para evitar os inconvenientes previos

Afrontar de forma correcta o intestino antes da realización dunha colonoscopia é vital para o éxito da proba. Pero para os pacientes, un dos momentos máis desagradables é o da preparación. Os días previos recoméndaselles unha dieta baixa en fibra. Outro consello é inxerir só líquidos as 24 horas antes, xunto coa toma dun gran volume de laxante líquido. É dicir, pasan fame e teñen que tomar unha gran cantidade de líquidos.

Pero isto pode cambiar. Médicos dos servizos de Aparello Dixestivo e de Endocrinoloxía e Nutrición do Hospital del Mar deseñaron unha nova dieta que permite comer normal e chegar á colonoscopia mellor preparados. É a Barcelona Diet Plan, que publica a revista Diseases of the Colon & Rectum.

Trátase do estudo máis importante realizado neste campo ata o momento. Juana Flores, xefa do Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición e asinante do estudo, explica: “Trátase dunha dieta equilibrada baixa en fibra distribuída en cinco comidas, que non restrinxe a achega de calorías”.

As comidas están formadas por pan, carne de polo, pavo, porco, tenreira ou peixe, arroz, pasta ou patacas e combinada con lácteos. En total, garante unha inxesta normal de calorías (2.000 kcal/día) e non ter sensación de ter o estómago baleiro.

“Sen pasar fame, chégase mellor preparado a unha colonoscopia”

“O estudo demostrou que non só mellora a experiencia do paciente sobre a preparación, senón tamén os resultados da colonoscopia. A crenza xeneralizada arrastrada durante anos, de que é necesario non inxerir alimentos sólidos o día antes da colonoscopia, tiña moi pouca evidencia que lle dese apoio. A pesar diso, é unha práctica habitual na maioría dos centros. Agora, o noso estudo deixa ben clara a escasa eficacia desta estratexia”, afirma Flores.

Marco Antonio Álvarez González, médico adxunto do Servizo de Aparello Dixestivo e primeiro asinante do estudo, explica: “Cunha dieta con niveis normais de calorías, sen pasar fame, chégase ben preparado á proba. Unha das barreiras da colonoscopia é a preparación para a proba, e unha das causas é a dieta”.

Mellorar os resultados na prevención

O traballo fíxose con 276 pacientes do Programa de Prevención do Cancro de Colon e Recto; á metade déuselles a nova dieta e á outra metade, a tradicional, estritamente líquida. O 96% dos pacientes que seguiron a Barcelona Diet Plan conseguiron unha limpeza do colon eficaz, ante o 89% nos casos que seguiran unha dieta líquida.

Ademais, tiveron menos sensación de fame e menos percepción de toma excesiva de líquido. Entre os posibles motivos para este éxito hai un mellor cumprimento da toma do laxante e o feito de que, posiblemente, axuda a mellorar a mobilidade do intestino, permitindo a evacuación do contido intestinal.

Esta dieta xa se inclúe nas recomendacións para a preparación da colonoscopia no Hospital do Mar. Álvarez González asegura que mellorando a eficacia e a tolerancia da preparación para a colonoscopia, pódese contribuír a mellorar os resultados do Programa.

O programa de detección precoz

O Programa de detección precoz de cancro de colon e recto de Barcelona cumpre este ano 10 anos do seu inicio. Actualmente cobre toda a cidade, cunha poboación diana de máis de 400.000 persoas. Convida a todos os homes e mulleres de 50 a 69 anos a facerse unha proba moi sinxela, que se recolle nas farmacias e faise en casa, un test de sangue oculto en feces.

Só en caso que esta proba detecte sangue nas feces (menos do 5% dos participantes), está indicado facer unha colonoscopia. Estas probas permiten detectar precozmente cancros (moitos son extirpados na mesma colonoscopia), e tamén detectar e extirpar lesións premalignas: pólipos, que, cos anos, poderían dexenerar en cancro.

ReferenciaA Normocaloric Low-Fiber Diet the Day Before Colonoscopy Is the Most Effective Approach to Bowel Preparation in Colorectal Cancer Screening Colonoscopy (Randomized Clinical Trial)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.