O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA) celebrou de novo o mércores 16 de xuño o Día do Biólogo no Pazo de Adrán (Calo-Teo). Á cita, que servíu para encontrarse de novo e compartir experiencias, poideron asistir 9 dos colexiados que levan 25 anos no Colexio, que foron obxecto de recoñecemento pola súa ininterrumpida pertenencia a el, por medio da insignia biolóxica da dobre hélice do ADN e diploma conmemorativo.
En nome dos homenaxeados pronunciou unhas palabras José Antonio Fernández Bouzas, director do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Este ano os colexiados distinguiron como Bióloga do Ano a Alicia Estévez Toranzo, catedrática de Microbioloxía da USC, cunha longa traxectoria investigadora no eido da ictiopatoloxía, desenvolvendo novas estratexias de diagnóstico bacteriano e vírico e novas metodoloxías de
prevención e control, de gran repercusión sanitaria e económica en Galicia.
Ela mesma recolleu placa e diploma de mans do decano do COBGA, José
Pelayo Míguez Baños. Así mesmo, foi elixida como Empresa do Ano, Hijos de Rivera, en atención á súa aposta pola recuperación do lúpulo e os novos métodos de produción de cervexa, pola innovación e os procesos de fabricación respetuosos co medio ambiente, incluíndo produtos ecolóxicos (sidra). Recolleu a distinción Antonio Viejo Puga, director de Asuntos Corporativos.
En canto á Institución do Ano, os colexiados elixiron á Fundación
Paideia Galiza, polo seu compromiso coa diversidade funcional das persoas, a mellora territorial de Galicia e a promoción de accións medioambientais e de desenvolvemento sostible. Recibíu o agasallo Margarita Fraga, responsable de Cultigar, Laboratorio de Biotecnoloxía Vexetal, participado pola Fundación.
Finalmente, entregouse o título de Membro de Honra a Emiliano Aguirre Enríquez (Ferrol, 1925) , polo seu relevante labor de investigación en Paleontoloxía e Evolución Humana, especialmente nos xacementos da Serra de Atapuerca (onde iniciou e dirixiu as excavacións) e das Gándaras de Budiño e pola visión interdisciplinar e proxección ao futuro que inspiran os seus traballos.
Asistiron tamén os decanos das facultades de Bioloxía de Santiago e Vigo, Antonio Segura e Jesús Míguez, respectivamente, e o Presidente da Unión Profesional de Galicia, Antonio Macho. Os presentes desfrutaron logo dun refrixerio nos xardíns do Pazo nun cordial ambiente.