Xoves 28 Marzo 2024

A elite da ciencia galega esixe a Feijoo a paralización do decreto de investigación da Xunta

Máis de medio cento de personalidades da ciencia e da investigación de Galicia asinan unha carta dirixida ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, na que solicitan que “se paralice” o proxecto do decreto que rexerá a contratación de persoal investigador laboral. Entre os asinantes figuran o director da Fundación Pública de Medicina Xenómica de Galicia, Ángel Carracedo, os directores do CiQUS e o CiMUS, José Luis Mascareñas e Carlos Diéguez, o director do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, Antonio Figueras, e varios decanos, como Juan Gestal (Medicina na USC), Moisés Canle (Ciencias da UDC), Antonio Segura (Bioloxía da USC), Luis Miguel Varela (Física da USC) e recoñecidas catedráticas como María José Alonso, Laura Sánchez Piñón ou Mabel Loza.

Tamén subscriben o texto decenas de colexios oficiais e profesionais de Galicia de todos os eidos: medicina, veterinaria, ciencias sociais, bioloxía, administración pública, ou arquitectura.

Publicidade

A carta tamén está respaldada por decenas de colexios profesionais de todos os eidos

No seu escrito, os investigadores galegos amosan a súa “preocupación” pola repercusión que poida ter o decreto para o futuro da investigación en Galicia en áreas como a sanidade, a alimentación, a gandería, a computación, o mar e as  tecnoloxías da comunicación e a información.

Sosteñen que o borrador, tal e como está redactado, “exclúe a posibilidade de que haxa investigadores estables na nosa Comunidade, o que introduce unha discriminación negativa” respecto ao resto do persoal laboral. Sinalan, do mesmo xeito, que este marco normativo “dificulta” a posibilidade de “atraer e reter talento fóra do marco da Universidade”, “obstaculiza a captación de recursos e persoal” e “frea a capacidade de Galicia para avanzar, innovar e reverter beneficios á sociedade”.

17 COMENTÁRIOS

  1. Que sexan atendidas as opinions dos investigadores e non se actue de forma simple sin un programa realista.

  2. Sorpréndeme que se abra debate sobre o idioma utilizado na carta e non sobre a precariedade laboral das xentes máis cualificadas do noso país. Lamentable. Nembargantes, eu vexo a eleción clara, elixiron o idioma castelán para asegurarse de que o presidente entendera a mensaxe…

  3. Ante un problema desta índole, hai quen ve o bosque pero non as árbores. O bosque é o idioma empregado na carta dirixida ó Presidente da Xunta, as árbores o decreto.
    Galicia ten duas linguas oficiais. Na USC ou na UDC non se imparte a docencia en galego, nin sequera en Catalunya na Universidade pública impártese en catalán.
    #AsiNon

    • Non impartirás ti docencia en galego pero que mais da, verdade? Decir que na USC e na UDC non se imparte docencia en galego é simplesmente non coñecer que ocorre nestas duas Universidades (le os últimos informes sobre os usos lingüisticos na USC que estan ao alcance de todos)… mais nada … a seguir falando sen saber nen preocuparse de saber… moi español…

  4. Esto es para IEC bienvenida a mi mundo, dada mi edad hace tiempo que dejó de importarme lo que puedan decir o pensar de mi por el idioma en que me expreso . Yo soy bilingüe y te diré ISAAC DIAZ PARDO , XOSE NEIRA VI LAS , LUIS SEOANE y muchos otros creo que no fueron sospechosos de no ser o sentirse gallegos y Todos ellos hablaban gallego y CASTELLANO el que cuestiona la galleguidad de alguien por la lengua en que se expresa demuestra que la miopía intelectual de algunos individuos no tiene limite IEC estoy seguro de que te sientes más gallega que el 80 por ciento de los que aquí vivimos , es más uno de los firmantes Ángel Carracedo también es bilingüe donde quiera que estés un abrazo y animo.

  5. ¿En serio? ¿El problema es la repercusión negativa que tendrá en la sociedad gallega la aplicación de ese decreto y os poneis a discutir por el idioma? ¿En serio? ¡¡¿¿EN SERIO??!! O_o …

  6. La polémica del idioma empleado me recuerda a esa gran frase. Cuando lo único que tienes es un martillo, cualquier cosa te parece un clavo

  7. Soy gallega. Por desgracia llevo casi 30 años trabajando e investigando fuera de Galicia. Hablo gallego, pero no sé escribirlo, por eso me dirijo en castellano. No soy menos gallega por eso. Sólo seremos menos gallegos si por discusiones de este tipo (que me parecen bien), en un foro de ciencia, en dónde se debería comentar que consecuencias tendría para la investigación en Galicia, la aprobación o no de este decreto, se hable de otra cosa. ¿ somos menos gallegos los que no podemos hablarlo a diario porque hemos tenido que emigrar para conseguir vivir con dignidad?. Habría que plantearse porqué, con lo trabajadores que somos, la investigación la hacemos fuera de nuestra tierra…. Hay personas que pueden comunicarse utilizando diferentes idiomas… A ver si nosotros con dos lenguas que entendemos todos, no vamos a poder comunicarnos. ¿ Estaremos pasando mucho tiempo con este debate y nos estaremos olvidando de lo verdaderamente importante en este caso?. Unha aperta!

  8. Non se pode ser tan talibán, o importante é o contido da reclamación que fan os investigadores, non a lingua na que se realiza. Por certo, en Galicia hai dúas linguas oficiais e resulta lexítimo dirixirse ao presidente da Xunta en calquera delas. Deixémonos de caralladas e concentremos as forzas en permitir aos investigadores do país que podan realizar o seu traballo nunhas condicións laborais dignas. Iso é o verdadeiramente importante.

    • O que non se pode ser é tan pailán (non tan talibán) como os que escreberon a carta en español (exclusivamente) ao presidente da Xunta teoricamente en nome da ciencia deste Pais que se chama Galiza (ou Galicia) e cuxo idioma propio é o galego, falado por toda ou a inmensa maioría da poboación desde o século IX até hai uns 50-60 anos (só despois desa data se considera que o seu uso baixou do 90% da poboación). Claro que hai dous idiomas oficiais mais por algo un se chama galego e o outro español, non si…

    • Sólo tres apuntes a lo que dices:

      1- Pailán y talibán pueden llegar a ser sinónimos.
      2- El nombre de Galicia es Galicia, salvo para algunos talibanes que se empeñan en llamarla de otra forma, sin respetar lo que dice la ley. A los talibanes las leyes no les interesan.
      3- Tienes abundantes respuestas en este foro de gente a la que le interesa más el debate científico que el lingüistico. Algunos se expresan en gallego y otros en castellano. Por suerte los talibanes van perdiendo en este país.

      • Pois nada Pepiño segue asi… a ignorancia é moi destemida… “el nombre de Galicia es Galicia” pois moi ben por que o ti o dis. Deberías saber, homiño, que a forma Galiza esta perfectamente admitida como nome para o noso Pais xunto a Galicia polas normas vixentes do ILGA que son as que segue a Xunta pero ti non o sabes nin che interesa, mais, ainda por riba, insultas aos demais. Lee un pouco mais do que non sabes, mais, don’t worry…segue asi… é moi español…

  9. Que vergoña! ou sexa que estes investigadores galegos (?) dirixense ao presidente da Xunta de Galicia en español (exclusivamente). Como investigador e galego non podo sentir mais vergoña e noxo por esta xentiña. Pouco futuro (tamen investigador e tecnolóxico) pode ter un Pais onde as súas elites renegan dos seus sinais de identidade. Peniña!

    • SON estos profesionais escriben e falan en galego, castelán e inglés ademáis de algún outro idioma. Un comentario moi pouco apropiado para una situación que perxudicará o futuro económico e de formación en Galicia.
      Son os nosos mellores embaixadores.

      • Peor mo poñedes… logo se saben escreber nos tres idiomas como é que se dirixen ao Presidente da Xunta de Galicia en español? para as elites da ciencia galega o galego non ten suficiente entidade? xa sei que no ámbito das publicacións científicas de impacto internacional o galego, exactamente igual que o español, non pinta nada mais para falar co Presidente da Xunta de Galicia calquera persoa cun mínimo de sentido común sabe que o idioma indicado é o galego. Eu tamen escrebo e falo en galego, inglés e español mais para dirixirme ao Presidente da Xunta de Galiza (ou Galicia) non teño a mais mínima dúbida sobre que idioma debo utilizar. Desde logo nunca pensei que xente que sempre defendeu a cultura deste Pais como Angel Carracedo poidera cometer ese erro. A min como investigador, e seguro que a moitos investigadores galegos mais, non me representan ainda que este totalmente de acordo coa paralización do decreto. (por certo “estos” é español, en galego é “estes”).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nanotecnoloxía galega contra o tumor cerebral máis común

Un estudo da USC abre a porta a unha nova aproximación terapéutica que podería posibilitar un ensaio clínico nun prazo de tres anos

Yolanda Prezado: “Coa protonterapia erradicamos o 83% dos tumores en estudos preclínicos”

A científica galega referente en París incorpórase ao CiMUS para impulsar a investigación en Galicia da terapia con protóns

José Tubío: “Os científicos deberían saír á rúa como antes facían os predicadores”

O investigador aposta por crear departamentos de divulgación científica, converter a España nun país sen fume e priorizar o cambio climático polo seu impacto na saúde

Pontevedra ensaia fármacos prometededores contra doenzas hepáticas: esta é a innovadora tecnoloxía que hai detrás

Pacientes con hepatite B e fígado graxo proban tratamentos baseados no ARN de interferencia, unha das terapias máis esperanzadoras