O primeiro curso de Corbi Foundation na Coruña centrarase na neurociencia

A Residencia Universitaria Concertada Rialta, da Coruña, acollerá desde o próximo 26 de xullo e ata o 5 de agosto a primeira edición dos CorBI International Courses, un programa formativo de excelencia promovido por CorBI Foundation e financiado pola Fundación María José Jove. Ao longo de dúas semanas, mozos investigadores e científicos de primeira liña internacional abordarán diferentes aspectos da biomedicina, poñendo a énfase na introdución das matemáticas e a computación na investigación biomédica. Trátase da primeira iniciativa que leva a cabo en España destas características.

No transcurso da presentación, a presidenta da Fundación María José Jove, Felipa Jove, asegurou que “cando os promotores de CorBI propuxéronnos participar nesta iniciativa non tivemos dúbidas. Somos conscientes de que a investigación científica, especialmente a realizada no campo da saúde, constitúe unha prioridade para o desenvolvemento da sociedade e para a mellora da calidade de vida das persoas. E a Fundación María José Jove fai súa esta prioridade e convértea en compromiso, apoiando iniciativas deste tipo, como o vimos facendo desde a nosa fundación”.

É a primeira iniciativa que se leva a cabo tras a creación de Corbi Foundation

Pola súa banda, o neurocientífico Luís Martínez, fundador de CorBI Foundation e director dos CorBI International Courses, xunto co matemático Manuel de León, explicou que esta é a primeira edición duns cursos que nacen con vocación de converterse nun referente internacional. “Centrámonos nesta área de investigación porque as matemáticas permítennos proporcionar cálculos e simulacións que antes non eran posibles e abre campos de investigación radicalmente novos e prometedores en diferentes áreas, incluíndo a neuroloxía, oncoloxía, cardioloxía, a ecoloxía e a bioloxía evolutiva, bioloxía molecular e celular de computación, epidemioloxía e moitos máis”.

Esta primeira edición, que reunirá a un total de 18 alumnos e 18 profesores, procedentes de diferentes universidades e centros de investigación tanto de España como de Estados Unidos ou Reino Unido, ten como obxectivo abundar no grao de precisión que os circuítos neuronais xeran a través do desenvolvemento; como evolucionan durante os primeiros anos de vida; como xerar comportamentos flexibles e adaptativos; e como a súa alteración dá lugar a unha disfunción mental e algunhas patoloxías como síndrome de Down ou autismo.

“Trátase de utilizar os métodos matemáticos máis avanzados apoiándose tanto nos paradigmas clásicos como nos novos descubrimentos da neurociencia, co fin de lograr unha comprensión profunda, mecanicista, de como funciona o noso cerebro, tanto na saúde como na enfermidade”, concluíu Luís Martínez.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.