Galicia conta con algúns privilexiados observatorios naturais das estrelas. Un deles está situado no concello da Veiga, elixido como destino ‘Starlight‘ cos mellores ceos para os astrónomos. Por esa razón, o mirador estelar das Travillas reunirá este venres, dende as 22 horas, a expertos en astronomía para contemplar o espectáculo do asteroide 3122 Florence, unha grande rocha de 4,4 quilómetros de diario que fará o seu maior achegamento á Terra ata o vindeiro ano 2500.
Un paso tan próximo ao noso planeta non dá motivos para preocuparse. En realidade, o asteroide Florence pasará a 18 veces a distancia entre a Terra e a Lúa. Pero será a maior proximidade dende o ano 1890 e pasará medio milenio ata que volva estar tan preto.
Florence transitará a só uns 7 millóns de quilómetros do noso planeta e ‘rozará’ a órbita terrestre a unha velocidade de 13,53 quilómetros por segundo. Florence está dentro dos asteroides “potencialmente perigosos” debido a que “as súas dimensións son maiores a 140 metros e a súa distancia mínima de achegamento é menor a 19,5 veces a distancia entre a Terra e a Lúa”.
Entre os participantes na observación no concello da Veiga estarán o astrofotógrafo Óscar Blanco, ademais de estudosos do Observatorio de Mallorca.
Facendo clic na imaxe podes ver unha animación do paso do Florence