Venres 29 Marzo 2024

Test: está o mundo mellor ou peor do que pensas?

De primeiras, se nos preguntan, e vendo o panorama de xenreira e crispación que aparece por moitos recunchos do debate público, moita xente podería responder que hoxe o mundo é un lugar peor ca hai uns anos. É certo, ou gústanos glorificar o pasado? Morre hoxe máis xente por fame, por guerras e por enfermidades da que morría hai 10, 20 ou 30 anos? Contra o pesimismo ás veces xustificado do ser humano, e a partir da experiencia acumulada como profesor de Medicina e divulgador por todo o mundo, o investigador sueco Hans Rosling dedicou parte da súa carreira a poñer de manifesto a cara amable do progreso humano, conseguida grazas ao labor de xeracións enteiras de investigadores e profesionais de moi diversos eidos que buscaban un futuro mellor para o ser humano.

Rosling morreu en 2017 debido a un cancro de páncreas. Meses despois viu a luz Factfulness, un libro asinado xunto ao seu fillo Ola e a súa nora Anna, no que recolle todo o aprendido durante a súa traxectoria. Na obra expóñense cheas de datos sobre a situación real do planeta e os seus cidadáns, e desmóntanse sesgos, mitos e crenzas moi estendidas na opinión pública. A obra colleu sona desde que Bill Gates, creador de Microsoft e impulsor dunha ONG que inviste milleiros de millóns de dólares en desenvolvemento, regalouna a todos os graduados das universidades estadounidenses no curso pasado.

Publicidade

Con todo, o traballo expón que hai moito por facer. Segue habendo guerras, o cambio climático e a contaminación son problemas preocupantes. Mais, con todas as imperfeccións – adoitaba dicir Rosling – “o mundo está moito mellor do que pensamos“.

Factfulness comeza cun test de 13 preguntas con 3 opcións que poñen a proba ao lector. E a porcentaxe de erros que adoitan cometerse é esaxeradamente grande. Non é cuestión de formación, orixe, nivel de ingresos ou calquera outra variable: o gran número de erros apenas varía do profesorado de prestixiosas universidades ao alumnado dunha aula de primaria. Como anécdota, os autores de Factfulness expoñen que, na maioría das cuestións, os chimpancés teñen unha porcentaxe maior de acertos: respondendo ao azar, adoitan aceptar un 33% das veces. Pero en moitas delas, os humanos quedan moi por debaixo. Tan importante é o valor dos nosos sesgos e prexuízos.

E ti, queres ver canto sabes? Compróbao aquí: 

[wp_quiz id=”57601″]

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UVigo reivindica no Día Mundial da Auga a importancia do seu acceso universal

A universidade impulsa a concienciación través dunha serie de pódcast con nenos e nenas e dun concurso escolar de microrrelatos
00:03:09

As patacas teñen lingua propia: o vídeo dunha galega finalista nun certame de divulgación

A investigadora da Misión Biolóxica de Galicia Lucía Martín Cacheda presenta unha peza audiovidual sobre a comunicación química das plantas

A eternidade por fin comeza un luns

Artigo gañador da VI edición do IGFAE C3, o concurso de comunicación científica do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías
00:05:26

Gciencia fai 10 anos

O portal da ciencia culmina dez días de celebracións polo seu décimo aniversario