Martes 16 Abril 2024

O CSIC rende homenaxe ás científicas pioneiras da institución

A investigadora galega Tarsy Carballas, entre as científicas recoñecidas pola institución nun acto celebrado este mércores en Madrid

A sede central do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Madrid acolleu este mércores un acto de recoñecemento que reuniu a preto dun centenar de investigadoras da institución. Unha homenaxe ao traballo de moitas das científicas que, no seu momento, foron pioneiras nos seus campos. E entre elas, nun lugar destacado, estaba a galega Tarsy Carballas (Taboada, 1934), unha referencia no estudo dos solos húmidos. No acto tamén participaron outras investigadoras como Ana María Viéitez, do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia.

“Con este acto queremos recoñecer o voso labor. É saldar unha débeda que tiñamos con todas vós, as nosas pioneiras”, subliñou a presidenta do CSIC, Rosa Menéndez, que presidiu a homenaxe, diante dun salón de actos cheo. “É un acto para poñer nome, apelidos e cara ao labor que realizastes, e para mostrar que a ciencia española ha crecido grazas á colaboración das súas científicas”, engadiu. O acto foi conducido pola investigadora do CSIC Flora de Pablo e contou coa intervención de Pilar López Sancho, presidenta da Comisión de Muller e Ciencia do CSIC, e das investigadoras homenaxeadas Tarsy Carballas e Dolores Cabezudo.

Publicidade

Na homenaxe destacouse, ademais de Tarsy Carballas, a traxectoria de científicas como Josefina Castellví, pioneira da investigación antártica e primeira muller que dirixiu a Base Antártica Española Juan Carlos I; Teresa de Pedro, experta en robótica e precursora dos programas de intelixencia artificial; María Ángeles Durán, experta mundial no estudo do traballo non remunerado, como é o dedicado á familia e o fogar; Margarita Salas, precursora da bioloxía molecular e autora da patente máis rendible do CSIC; Laura Iglesias, experta en observacións de espectroscopía para estudar o movemento das estrelas; Elvira Gangutia, pioneira no estudo da filoloxía grega e na dirección do Dicionario Grego-Español; Gabriela Morreale (1930-2017), bioquímica que desenvolveu o método coñecido como a proba do talón, que prevén o atraso mental infantil; ou Dolores Cabezudo, química analítica especializada no estudo dos alimentos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O CSIC acha unha combinación de fármacos eficaz fronte ao SARS-CoV-2

A unión de ribavirina e remdesivir consegue eliminar de forma rápida o virus ao inducir un exceso de mutacións no seu xenoma que lle impiden multiplicarse con eficacia

Máis do 90% das crías de pardela cincenta teñen plásticos no estómago

Un estudo en exemplares xuvenís de Canarias e Azores apunta a esta especie como un biomarcador de refugallos flotantes no Atlántico norte

Un hidroxel permite cultivar células neurais para reparar lesións medulares

O material desenvolvido polo CSIC combínase con campos magnéticos, un avance na busca de novas terapias

Que fai a supercomputación galega nun xacemento exipcio de hai 3.500 anos?

O CESGA almacena nun repositorio seguro a información das campañas de escavación que se desenvolven na antiga cidade de Tebas