Cartel anunciador do evento que reunirá a expertos de Europa e Estados Unidos na Coruña.
Cartel anunciador do evento que reunirá a expertos de Europa e Estados Unidos na Coruña.

A Coruña acolle a un cento de expertos en DNA metabarcoding

O Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) da Universidade da Coruña reúne este mércores 27 e xoves 28 a unha centena de científicos de dez países europeos e dos Estados Unidos. Os expertos asisten a unhas xornadas técnicas sobre secuenciación masiva e bioinformática promovidas pola empresa asociada á UDC AllGenetics, o Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) e a propia Universidade.

Concretamente, o obxectivo do encontro é dar difusión aos últimos avances sobre a metodoloxía coñecida como “DNA metabarcoding“, de gran interese en diferentes áreas de investigación e na industria. Este método permite coñecer que especies están presentes en mostras complexas mediante a secuenciación dunha rexión do xenoma. Por exemplo, pódese detectar cun elevado grao de fiabilidade as especies de bacterias e fungos presentes en determinados tipos de solos, as larvas de especies invasoras en mostras de auga ou verificar que unha hamburguesa contén soamente as especies cárnicas indicadas na etiqueta.

O DNA metabarcoding é un sistema pioneiro desenvolvido pola empresa coruñesa AllGenetics

O evento, que se desenvolverá nestes dous días, constará de dezaseis charlas de carácter técnico impartidas por expertos, entre as que haberá unha quenda de preguntas e discusións científicas. A organización valora “moi positivamente a acollida do evento entre a comunidade científica” e agarda que sexa “de utilidade para dar a coñecer este método e para que xurdan ideas sobre novas aplicacións ou posibles colaboracións entre investigadores de diferentes institucións”.

AllGenetics, ubicada no propio CICA, traballa a nivel europeo con grupos de investigación e empresas de diferentes sectores, e é unha empresa de referencia en diferentes metodoloxías de análise xenómica, entre as que destaca o “DNA metabarcoding”.

O laboratorio de microbioloxía do INIBIC e o grupo de investigación en bioloxía evolutiva (GIBE) da UDC colaboraron xunto con AllGenetics na organización deste evento que foi tamén apoiado polo Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña.

Tamén podes ler:

A revolución do DNA metabarcoding chega á Coruña

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.