Venres 19 Abril 2024

Unha tese explora novos compostos artificiais fronte a doenzas neurodexenerativas

A investigadora Lara Rouco presentou no campus de Lugo a súa investigación sobre compostos capaces de reproducir as función de encimas e teñen aptitudes farmacolóxicas

Unha tese realizada no Campus Terra de Lugo da USC pola investigadora Lara Rouco Méndez aborda as posibilidades de desenvolver novos modelos artificiais capaces de reproducir as función de encimas con actividade redox e que presentan aptitudes farmacolóxicas.

Os modelos biométricos que expón Lara Rouco na súa investigación, dirixida polo profesores Marcelino Maneiro Maneiro, do Departamento de Química Inorgánica, e Rebeca Albariño Romero, do Departamento de Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, son metalocompostos de manganeso e ouro con diferentes ligandos susceptibles de ter aplicacións útiles tanto na industria química, para a descomposición fotolítica da molécula de auga e a degradación selectiva da lignina, como na farmacolóxica, dada a súa actividade antioxidante e antitumoral.

Publicidade

A investigadora luguesa testou asemade as propiedades antioxidantes destes metalocompostos e a súa utilidade para tratar diferentes doenzas neurodexenerativas asociadas ao avellentamento celular ou a danos dexenerativos por exceso de radicais libres ou especies oxidantes. Os resultados das pescudas realizadas por Rouco Méndez na súa tese xa foron obxecto de artigos publicados en revistas científicas de alto impacto, tal e como é o caso de Antioxidants, Neural Regeneration Research ou, entre outras Journal of Inorganic Biochemistry.

Outra das particularidades que presentan estes compostos, que inclúen un ou varios centros metálicos de manganeso, é a súa versatilidade. De feito, esta característica permite a súa aplicación noutros campos, como pode ser a fotosíntese artificial ou a delignificación da pasta de papel. A investigación de doutoramento de Lara Rouco inclúe asemade outros modelos sintéticos que incorporan ouro á súa estrutura e que presentan demostradas propiedades antitumorais.

O catedrático da USC Manuel Bermejo Patiño presidiu o tribunal encargado de avaliar a tese de doutoramento defendida por Lara Rouco Méndez. Eva Alonso López, do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, e Delfina Couce Fortúnez, completaron un comité avaliador que outorgou á investigadora luguesa a máxima cualificación de sobresaínte cum laude.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Este mecanismo dana a capa dos nervios en doenzas como a esclerose múltiple

O estudo realizado por un equipo de investigación do CiMUS publícase este venres na prestixiosa revista ‘Science Advances'

A resistencia térmica dalgúns materiais pódese regular aplicando unha voltaxe

Un traballo do CiQUS abre novas posibilidades para o deseño de reguladores de temperatura e para o desenvolvemento de tecnoloxías máis eficientes e sostibles

Coidar a saúde e o medio ambiente: dúas razóns para incluír pescado azul na nosa dieta

A nivel mundial, el consumo anual per cápita de peixe nos últimos 50 años case se duplicou, cun crecemento exponencial en países como China