Sábado 20 Abril 2024

TVE roda ’22 ángeles’, o telefilme sobre a Expedición da Varíola

Comezou en Galicia a gravación de ’22 ángeles’, que narra a expedición que, encabezada polo doutor Francisco Javier Balmis, levou a vacina dende A Coruña ás Américas a comezos do século XIX. Está baseada na novela ‘Ángeles Custodios‘, escrita por Almudena de Arteaga. No barco no que emprenden a travesía viaxan 22 nenos, os portadores da vacina nos seus corpos, brazo a brazo. Xunto a eles, a directora dun orfanato da Coruña, Isabel Cendal, a encargada de atopar aos 22 anxos e a persoa que se ocupará deles durante a travesía. Unha muller nun barco cheo de rudos mariñeiros, pero onde tamén viaxa o axudante do doutor Balmis, o doutor Salvany.

A rodaxe comezou en Ferrol, onde está atracado o barco no que os protagonistas farán a viaxe, unha reconstrución fiel dunha fragata do século XVIII que navegará durante varias xornadas e que se converterá na ficción na María Pita, o barco que partiu da Coruña transportando a expedición. Pedro Casablanc, María Castro, Octavi Poxadas, Carlos Santos, Javier Mejía, Jaime Pujol e José Sospedra encabezan o reparto.

Publicidade

historias-gc/os-22-orfos-coruneses-que-levaron-vacina-da-variola-america/

 

1 comentario

  1. Home, todo moi interesante e efectivamente é unha epopeia que ten todos os compoñentes para facer un filme, etc., etc., poren é unha mostra mais de tantas nas que o noso Pais, Galicia, foi tratada desde o século XV como unha simples colonia no contexto do Estado Español… e moitos ainda teñen dúvidas sobre isto… o que pode facer o autoengano…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como de accesible é a rúa na que vives? Compróbao neste mapa

A aplicación 'City Access Map' permite comprobar que servizos están a menos de 15 minutos camiñando nas cidades e areas metropolitanas de Vigo e A Coruña

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Un traballo da UDC sobre investigación básica en epilepsia gaña o Epiforward 2024

O equipo conseguiu reducir a actividade cerebral grazas á aplicación de campos magnéticos en áreas concretas do cerebro

Científicos galegos participan no primeiro mapa español de bacterias resistentes aos antibióticos

A base de datos en liña proporciona o perfil xenómico de 461 cepas, procedentes de 41 hospitais situados en 13 rexións de España