Imaxe do vídeo do CPR Santiago Apóstolo de Narón, gañador do concurso
Imaxe do vídeo do CPR Santiago Apóstolo de Narón, gañador do concurso "O meu elemento".

Un colexio de Narón gaña o premio “O meu elemento” da USC

O certame, convocado co gallo do 150º aniversario da táboa periódica, celebrou ese mércores a entrega de galardóns no campos de Lugo

Estudantes do CPR Santiago Apóstolo de Narón gañaron ao primeiro premio, dotado con 300 euros en metálico, do concurso ‘O meu elemento’, un certame promovido pola Facultade de Ciencias do campus de Lugo, a través da súa comisión de normalización lingüística, o grupo de innovación docente CienciaNosa e o Sistema de Normalización Lingüística da USC, para sumarse á celebración de 2019 como Ano Internacional do  Sistema Periódico, co traballo ‘ O radio e Marie Curie’.

Un equipo de alumnos do IES Pontepedriña de Santiago recibiron o segundo premio, que inclúe unha gratificación de 150 euros, deste certame conmemorativo dunha efeméride declarada polas Nacións Unidas co gallo do 150 aniversario da publicación por parte de Dimitri Mendeleev da súa táboa periódica dos elementos químicos, co audiovisual ‘ O radon: malos modais para un gas nobre’.

O terceiro dos galardóns concedidos na modalidade deste certame aberta á participación de estudantes preuniversitarios e dotado con 100 euros foi para o vídeoCuriosidades sobre o cloro’, realizado por un equipo do IES de Poio.

O concurso de vídeos ‘O meu elemento’, convocado como reclamo para atraer o interese do alumnado sobre a celebración do Ano Internacional do Sistema Periódico e a actividade científica en xeral, así como poñer de manifesto a naturalidade da expresión dos contidos científicos en lingua galega, tamén repartiu galardóns entre os participantes que competiron na modalidade dirixida a estudantes universitarios.

O primeiro premio nesta categoría, que ten unha dotación económica de 500 euros, recaeu no vídeo ‘ Curiosidades do antimonio’. O traballo ‘ Imaxinaríaste un mundo sen tántalo?’ recibiu o segundo galardón (150 euros) e o vídeo ‘ Oganesson, o derradeiro elemento’ acadou a gratificación económica de 100 euros outorgada á terceira proposta máis valorada.

A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto, presidiu este mércores a sesión de entrega de premios do concurso de vídeos ‘O meu elemento’, un certame no que mestura a afección polas ciencias e o uso das novas tecnoloxías, dado que as bases do certame obrigaba aos participantes a subir as súas respectivas propostas audiovisuais a unha canle de Youtube. O decano da Facultade de Ciencias da USC, Francisco Fraga, e a presidenta da Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia, María Inés García Seijo, tamén participaron nesta sesión.

O catedrático emérito da USC Manuel Rafael Bermejo Patiño abriu a cerimonia de entrega de premios do certame ‘O meu elemento’, cun relatorio que se desenvolveu baixo o título ‘A táboa periódica hoxe: para que serve?’.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.