Clonan en Santiago a “Gladiador”, unha amendoeira de 300 anos

O Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas consegue, despois de 12 meses de ensaios, a instalación "in vitro" do exemplar orixinal

Imaxe de Gladiador, ao fondo, situado en Valdepeñas (Ciudad Real). Foto: CSIC.
Imaxe de Gladiador, ao fondo, situado en Valdepeñas (Ciudad Real). Foto: CSIC.

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a través do grupo  de Biotecnoloxía de Especies Leñosas do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (IIAG), logrou clonar, tras 12 meses de ensaios e traballo nos seus laboratorios en Santiago de Compostela, a amendoeira “Gladiador”.

Este avance científico enmárcase nun contrato de apoio tecnolóxico subscrito entre o CSIC, que a través do IIAG desenvolve actividades dentro da área agroforestal, e a Fundación Internacional para a Restauración de Ecosistemas (FIRE), que desenvolve a súa actividade no terceiro sector ambiental no ámbito da restauración e conservación de ecosistemas.

En 2017 as científicas do CSIC Concepción Sánchez Fernández e Nieves Vidal González iniciaron, no marco deste contrato, os labores para a instalación in vitro de material da árbore adulta “Gladiador”, duns 300 anos e situado en Membrilla (Valdepeñas, Ciudad Real).

Este traballo de investigación desenvolveuse nas seguintes fases: 1) recollida in situ do material vexetal da árbore adulta e as sementes, 2) instalación in vitro nos laboratorios do IIAG optimizando e adecuando á especie os protocolos desenvoltos polo grupo de investigación para a micropropagación de árbores adultas doutras especies e 3) multiplicación, enraizamiento e aclimatación de 200 plantas.

Na actualidade o grupo de investigación dispón de 150 plantas clonadas a partir do árbore nai que están xa aclimatadas para ser transferidas á Fundación, cuxo fin é distribuílas na zona de orixe. Por outra banda, no IIAG manteranse in vitro as diferentes liñas establecidas para futuras análises e para a súa conservación ex situ.

Gladiador ten unha altura de 12,5 metros, un diámetro de copa de 7,45 m. e 2,45 de tronco. O traballo realizado no CSIC forma parte dun proxecto máis amplo, denominado Frutais Singulares.

1 comentario

  1. Por que foi necesario clonar a Gladiador coa técnica de reprodución in vitro, cando sería máis sinxelo facelo a través de esquexes ou gallos?

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.