Venres 19 Abril 2024

Seis científicos do CiQUS reciben novas axudas de excelencia

Un novo pulo para a calidade científica do CiQUS de Santiago de Compostela. A Axencia Estatal de Investigación, dependente do ata esta semana Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, acaba de publicar o resultado provisional das axudas ‘Ramón y Cajal’ (RyC) e ‘Juan de la Cierva‘ (JdC), dúas das convocatorias de excelencia investigadora posdoutoral de maior prestixio que se convocan en España. E seis científicos do CiQUS obtiveron cadansúas axudas.

No eido da Química, só 13 persoas obtiveron axudas ‘Ramón y Cajal’ en todo o país. Unha delas – que obtivo a terceira posición, é Beatriz Pelaz, científica do CiQUS que actualmente é responsable dun proxecto para investigadores novos do Programa Estatal de I+D+i Orientada aos Retos da Sociedade, centrado no desenvolvemento de nanocápsulas magnéticas e plasmónicas.

Publicidade

Atracción de talento

Segundo sinalan desde o CiQUS, tamén quedou de manifesto a capacidade para atraer talento doutras institucións, xa que os cinco investigadores do centro que obtiveron unha ‘Juan de la Cierva’ proceden de fóra. Nas 15 axudas reservadas ao apartado de Incorporación, Fátima García, doutora pola Universidad Complutense de Madrid, e Marc Font, da Universitat de Girona, conseguiron cadansúa beca.

No apartado de Formación, tres das 11 axudas concedidas polo Ministerio recaeron en científicos do CiQUS. Son Cristian Vidal (doutor pola Universidad de Oviedo),  Luís Martínez (doutor pola Universitat Rovira i Virgili), e Ignacio Insua (doutor egresado pola universidade de Birmingham).

Esta resolución foi acollida con moita satisfacción no centro. A directora adxunta do CiQUS, Dolores Pérez, sinalou que “é importante salientar que nestas avaliacións non só se valora o currículo e o potencial científico dos candidatos, senón tamén a traxectoria dos grupos do CiQUS nos que desenvolverán o seu traballo”. Engadiu que “este respaldo corrobora a capacidade e competencia dos grupos do centro”.

Pola súa parte, o director científico do centro, José Luis Mascareñas, sinalou: “Estamos moi orgullosos dos nosos investigadores novos”. Unhas novas axudas á excelencia que contribúen “ao prestixio da institución e confirma a nosa capacidade de atracción de talento; supón un novo salto de calidade en termos de recursos humanos e aumenta as nosas posibilidades de captación de fondos externos“.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A resistencia térmica dalgúns materiais pódese regular aplicando unha voltaxe

Un traballo do CiQUS abre novas posibilidades para o deseño de reguladores de temperatura e para o desenvolvemento de tecnoloxías máis eficientes e sostibles

Un equipo galego sinala os lípidos en sangue como biomarcadores de covid persistente

Investigadores do CiQUS ofrece unha nova perspectiva sobre a natureza desta enfermidade e abre a porta a diagnósticos e tratamentos máis específicos

Un equipo con participación galega desenvolve un novo tipo de axente contra o cancro

O composto actúa de maneira potente e selectiva sobre a respiración mitocondrial das células nai do tumor, diminuíndo o seu potencial canceríxeno

A USC desenvolve un novo método para a entrega directa de fármacos no interior celular

O novo nanotransportador é capaz de fusionarse coa membrana plasmática e liberar moléculas bioactivas no citosol