Xoves 25 Abril 2024

Científicos de 40 países abordan en Santiago o potencial dos aeroxeles

Un congreso internacional analiza as últimas innovacións no estudo destes materiais, con propiedades moi peculiares e interesantes

O I Encontro Ibérico de Fluídos Supercríticos, que acolle ata este mércores a Facultade de Medicina e Odontoloxía de Santiago, coa presenza de expertos de España e Portugal que intercambiarán coñecementos nun foro onde compartirán espazo investigadores e representantes da industria. Este encontro, impulsado polo grupo de investigación da USC I+D Farma coa colaboración da Agrupación Estratéxica de Materiais (AeMAT), estenderase ata o mércores 19. Tamén participan na súa organización a Universidade de Coimbra e a Asociación de Expertos en Fluídos Comprimidos.

De xeito paralelo a este foro, a Facultade acolle o Congreso Internacional de Aeroxeles con aplicacións biomédicas e medioambientais que conta coa participación de máis de 200 persoas procedentes de 40 países. Este congreso emprázase na rede internacional AERoGELS COST financiada pola Comisión Europea, que ten como obxecto fortalecer a investigación nestes materiais. O acto inaugural estivo presidido polo vicerreitor de Investigación e Innovación, Vicente Pérez Muñuzuri. 

Publicidade

Ademais, este mércores celebrarase á noite unha NerdNite centrada na ciencia de materiais. Será no bar Riquela ás 21 horas.

Aplicacións dos aeroxeles

Sólido, líquido e gas son os tres estados máis coñecidos da materia, pero aplicando certas condicións de presión e temperatura é posible que sustancias como o CO2 adopten un comportamento supercrítico, onde as propiedades do estado líquido e gasoso se combinen. Aplicando estas condicións, as substancias teñen unhas propiedades físicas que abren novas posibilidades e procesos de transformación dos materiais. Por exemplo, en condicións supercríticas algunhas sustancias son disolventes altamente eficaces, menos tóxicos e contaminantes que os disolventes orgánicos convencionais.

O procesado con fluídos supercríticos permite a produción de materiais como os aeroxeles, que están compostos por aire nun 99,99%. A súa estrutura é como a dun xel, no que as partículas líquidas se substituíron por aire. O resultado desta transformación é un sólido de moi baixa densidade, ata 300 veces inferior á da auga, pero con alta resistencia. “Moitos aeroxeles son biocompatibles e por tanto teñen aplicacións en eidos como a medicina e a implantoloxía. Outras propiedades a destacar son a súa gran capacidade de absorción de contaminantes para aplicacións medioambientais ou a excelente capacidade de illamento térmico”, apuntan dende a organización dos foros. A tecnoloxía supercrítica e os aeroxeles, tal e como se aborda esta semana en Medicina, están dando resposta a algúns dos retos aos que a sociedade se enfronta como a sustentabilidade, a saúde ou o envellecemento da poboación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un tratamento da USC para deixar de fumar logra a abstinencia do 77% de participantes

O estudo demostra que o uso de recursos tecnolóxicos, como as videochamadas e aplicacións móbiles, son efectivos para abandonar o tabaco

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844