Científicas do IDIS de Santiago traballando no laboratorio.

As científicas de Galicia, entre as máis citadas de España

Unha clasificación a partir do índice h das investigadores recolle a máis dunha vintena de científicas que traballan en centros do país

Existen diversos métodos que cuantifican o impacto que xeran na comunidade científica a publicación das investigacións e da relevancia dos propios científicos e científicas. Un dos máis usados é o índice h, que mide a cantidade de citas que recibiron os seus artigos de investigación mediante unha relación numérica entre o número de publicacións e o número de veces que se ten citado devandito traballo. Este índice, creado no 2005 polo investigador arxentino Jorge Hirsch, ten por obxectivo averiguar a relevancia e calidade do traballo dos investigadores e investigadoras. Canto máis citadas sexan as publicacións, maior será o cociente que posúe a persoa autora.

Este método, aínda que non está exento de críticas, é un dos máis usados como indicador da calidade da carreira investigadora, avaliación, promoción de carreiras científicas e concesión de galardóns. En España, desde hai anos, o Grupo para a Difusión do Índice h (DIH) publica a listaxe anual das persoas máis citadas. Así, en 2019, a investigadora da USC e o CiMUS María José Alonso destacou como a científica máis relevante de España neste aspecto.

E recentemente, este mesmo grupo publicou na súa web unha clasificación na que destaca as científicas máis citadas que desenvolven a súa investigación en España. Utiliza como criterio o Fh, que é a relación entre o índice h de cada investigadora e o valor medio do ‘h’ doutros autores da clasificación das súas áreas de coñecemento. Por tanto, segundo aclaran desde DIH, “se a autora aparece en varias áreas, o Fh medio é a media dos valores”.

E entre elas (427 en total) aparecen máis dunha vintena de mulleres que desenvolven o seu traballo en universidades e centros públicos de investigación do país, Aquí podes ver a listaxe:

En primeiro lugar, de forma destacada (é a segunda da clasificación no conxunto de España) aparece María José Alonso, catedrática da USC, universidade á que pertencen 13 das 23 mulleres máis citadas, seguida de Lourdes Santana, da mesma institución, e de Ángeles Domínguez, da UVigo. O CSIC, a través dos seus distintos centros (Instituto de Investigacións Mariñas, Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas ou a Misión Biolóxica de Galicia), conta con seis nomes, e a UVigo, con cinco.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.