Científicas de toda España celebran este venres a súa asemblea na Coruña

Campus da Universidade da Coruña. Foto: UDC.
Campus da Universidade da Coruña. Foto: UDC.

Galicia acollerá por primeira vez a reunión da asemblea de AMIT, a Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnológas, que terá lugar este venres na Universidade da Coruña. O nodo galego da entidade, creado a finais de 2015 e presidido por Ana Jesús López Díaz, profesora na Escola Politécnica Superior da UDC en Ferrol, é o encargado de impulsar a xornada xunto á propia universidade coruñesa.

Antes da propia asemblea, que comezará ás 15 horas, o Paraninfo da UDC acollerá desde as 10 da mañá a xornada “As Mulleres e o Mar: Novos retos para o século XXI”, aberta ao público xeral. Neste senso, AMIT aproveitará as xornadas para nomear como socias ‘ad honorem’ da asociación á presidenta do CSIC, Rosa Menéndez, e á María Pilar García Negro, profesora honoraria da Universidade da Coruña.

Programa da asemblea de AMIT

10:00-10:30. Benvida e presentación.

Julio Abalde Alonso. Reitor da Universidade da Coruña.
Susana López Abella. Secretaria Xeral da Igualdade da Xunta.
Joaquina Álvarez Marrón. Presidenta de AMIT.
Fernanda Miguélez Pose, Directora do Instituto Universitario de Estudos Marítimos (UDC)
Lucía Fraga Lago. Coordinadora do Área de Formación. Fundación CETMAR.

10:30-11:15 Conferencia.

Xénero, traballo e niveis de vida na costa galega desde unha perspectiva histórica.
Luisa Muñoz Abeledo. Doutora en Historia Económica. Especialista en historia do traballo e a empresa desde a perspectiva de xénero. Profesora do departamento de Historia Contemporánea e de América (USC).

11:15-12:00 Mesa Redonda.

Científicas e Tecnólogas no sector marítimo: presente e futuro. Modera: Eva Aguayo Lorenzo. Secretaria de AMIT-Gal. Participan:

Beatriz Spuch Sánchez. Enxeñeira Naval e Oceánica. Especialista en transporte marítimo. Consultora especializada en Transporte Marítimo, Planificación e Estratexia Portuaria.
Rosa Mary De la Campa Portela. Profesora d0 Departamento de Ciencias da Navegación e Enxeñaría Marítima na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas da Universidade da Coruña.
Belén Arbones Fernández. Investigadora do Instituto de Investigaciones Mariñas (IIM-CSIC).

12:00-12:30 Pausa Café

12:30-13:00 Entrega de Diplomas Ad Honorem

Rosa María Menéndez López. Presidenta do CSIC. Presenta: Joaquina Álvarez Marrón. Presidenta de AMIT.
María Pilar García Negro. Profesora Honoraria da Universidade da Coruña. Presenta Ana Jesús López Díaz. Presidenta de AMIT-Gal

13:00-15:00: Comida.

15:00-18:00 Asemblea Xeral de AMIT (só asociadas).

Ademais, durante toda a xornada, poderá verse na entrada do Paraninfo a exposición da científica, pintora e socia de AMIT, Margarita Cimadevila, titulada Mare Plasticum, Arte e Ciencia para o medio ambiente, que aborda o problema da contaminación mariñas por mor dos plásticos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.