#CienciaenelParlamento: Políticos e científicos, da man para mellorar a sociedade

Logotipo da iniciativa
Logotipo da iniciativa "Ciencia en el Parlamento".

Todos os días vense exemplos das imprescindibles achegas que a ciencia fai á sociedade. Pero hai, con todo, lugares onde aínda non se ten en conta todo o que se debería. Iso é o que pensan, polo menos, os impulsores da iniciativa “Ciencia en el Parlamento“, un proxecto que busca formar e informar aos deputados do Congreso español sobre a atención que deben prestarlle á evidencia científica á hora de tomar as decisións que afectan á vida dos cidadáns.

Despois de meses de traballo, este martes 6 e este mércores 7, centos de científicos e deputados reuniranse en Madrid para achegar os seus mundos, no marco dos actos de 40º aniversario da Constitución.  Porque España aínda ten moito camiño por andar neste senso. Segundo indican desde a propia iniciativa, é, por exemplo, un dos poucos estados da Unión Europea que aínda non forma parte da rede de oficinas de asesoramento científico (EPTA).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.