Venres 29 Marzo 2024

O director do CIQUS, José Luis Mascareñas, ingresa na Academia Europea de Ciencias

O catedrático de Química Orgánica da USC José Luis Mascareñas ingresará na Academia Europea de Ciencias (EURASC, polas súas siglas en inglés) tras ser seleccionado como novo membro da división de química, área que integran 100 representantes de todo o mundo  e que conta con figuras científicas tan destacadas como os premios Nobel Barry Sharpless ou Jean-Pierre Sauvage.

O director científico do Centro singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) suma así o seu nome aos dos dous únicos españois que ata agora formaban parte desta división, os catedráticos Luís Oro (Universidade de Zaragoza) e Santiago Álvarez (Universitat de Barcelona). O nomeamento produciuse a proposta dun dos membros do comité do EURASC tras a avaliación da traxectoria científica do candidato e coincide no tempo co do tamén Advanced Grant Luis Liz-Marzán, investigador egresado da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e actualmente director do CIC biomaGUNE en Euskadi.

Publicidade

A Asociación Europea de Ciencias (EURASC) ten como misión principal promover a excelencia en Ciencia e Tecnoloxía, así como o papel determinante destas no fomento do desenvolvemento e o progreso e económico e social. Trátase dun organismo internacional con plena autonomía, cuxo principal obxectivo é recoñecer e seleccionar aos mellores científicos do continente cunha clara vocación paneuropea, transcendendo fronteiras nacionais non só á hora de seleccionar aos seus membros, senón tamén á de articular as súas políticas, co propósito de fortalecer e impulsar a ciencia desenvolvida en Europa mediante a cooperación e o fluxo de coñecemento entre investigadores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego sinala os lípidos en sangue como biomarcadores de covid persistente

Investigadores do CiQUS ofrece unha nova perspectiva sobre a natureza desta enfermidade e abre a porta a diagnósticos e tratamentos máis específicos
00:05:00

O amor, unha cuestión de química?

Substancias químicas como a dopamina espertan o desexo que podemos sentir por alguén, pero só uns vínculos profundos garanten unha relación duradeira

Un equipo con participación galega desenvolve un novo tipo de axente contra o cancro

O composto actúa de maneira potente e selectiva sobre a respiración mitocondrial das células nai do tumor, diminuíndo o seu potencial canceríxeno

Estas son as substancias químicas que nos engordan e si, están por todas partes

Certos compostos dos envases, cosméticos, deterxentes ou dos propios alimentos poden ter un papel no aumento do sobrepeso e da obesidade na poboación