Chega a choiva de estrelas das Líridas

A choiva de estrelas das Líridas será o espectáculo astronómico desta fin de semana. Esta choiva de meteoros procede das partículas que se desprenderon do cometa Thatcher, e as súas dimensións oscilan entre poucas micras e milímetros”. A taxa de actividade das Líridas está considerada moderada, cuns 18 meteoros/hora, aínda que poderá variar e situarse en valores de 90. En ocasións, amosa aumentos de actividade con periodicidade descoñecida. Os últimos forn en 1945, 1946 e 1982, con máis de 200 estrelas fugaces por hora.

Radiante das Líridas.
Radiante das Líridas.

A noite do sábado ao domingo pode ser a mellor para contemplalas, aínda que manterán a súa actividade ata o vindeiro 25 de abril. A Lúa non será un inconvinte para disfrutar do espectáculo, aínda que haberá que buscar unha zona afastada das cidades e sen contaminación lumínica. O radiante, a zona de onde parecen provir no ceo as estrelas fugaces, estará situado entre a constelación de Lyra e a de Hércules.

Ademais, na noite do 23 ao 24 de abril daranse as Pi-Puppidas, con 40 meteoros/hora, que será máis visible no hemisferio sur e que terá pouca visibilidade.

O po do cometa Thatcher foi deixando un rastro que a atmosfera da Terra atravesa cada ano. Hai observacións documentadas das Líridas dende hai 2.600 anos.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.