Venres 29 Marzo 2024

Chega o Nobel que conxelou os átomos

O Premio Nobel de Física Claude Cohen-Tannoudji, pioneiro en métodos de arrefriamento de átomos con feixes de láser, inicia este mes a edición de 2015 do Programa ConCiencia de divulgación científica. O vindeiro xoves 28 de maio esatrá en Santiago o físico francés de orixe alxeriana manterá pola mañá en Física unha xuntanza con investigadores e á noitiña pronunciará no Auditorio Abanca unha conferencia aberta ao público en xeral sobre a manipulación de átomos con luz.

Unha temperatura próxima ao cero absoluto impide o movemento no átomo.
Unha temperatura próxima ao cero absoluto impide o movemento no átomo.

O profesor do Collège de France e Laboratoire Kastler Brossel da École Normale Supérieure (Francia) recibiu en 1997 o Premio Nobel “polo desenvolvemento de métodos para arrefriar e atrapar átomos con luz láser”. As técnicas desenvolvidas por el outros científicos como William Phillips e Steven Chu foron esenciais para fabricar reloxos atómicos máis precisos e así poder mellorar a navegación espacial e os sistemas GPS.
Cohen-Tannoudji foi un dos primeiros en propoñer o bombardeo de átomos con luz coherente para desaceleralos. Seguindo estas propostas, en 1985 Steven Chu arrefriou un feixe de átomos a unha temperatura de 240 millonésimas de Kelvin por riba do cero absoluto, o que supoñía unha velocidade dos átomos de 0,5 km/h. En 1988 William D. Phillips acadaba unha temperatura de 40 millonésimas de grao por riba do cero absoluto. En 1995, Cohen-Tannoudji rebaixou a temperatura ata 0,2 millonésimas de grao por riba do cero absoluto.
A manipulación e control de átomos permitiu dende entón aos científicos facer melloras en moitas tecnoloxías. O exemplo máis destacado son os reloxos atómicos, tanto máis precisos canto maior sexa o control sobre os átomos usados ​​para medir o tempo. Apreixar átomos tamén é útil para medir a forza da gravidade nun determinado lugar na Terra, e o seu control abriu as portas á computación cuántica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nobel de Física para os pais do estudo dos electróns dentro dos átomos

Os científicos Pierre Agostini, Ferenc Krausz e Anne L'Huillier, galardoados pola Academia de Ciencias de Suecia

O día que o dobre Nobel de Química coñeceu Galicia

No ano 2008, Karl Barry Sharpless foi convidado por Jorge Mira ao Programa ConCiencia da USC e coñeceu lugares como Fisterra ou o dolmen de Dombate

A elección dunha muller para o Nobel de Química altera a tendencia a premiar investigacións masculinas

O 50% das científicas galardoadas dende 1901 recibiron o recoñecemento nos últimos 20 anos

Nobel de Química 2022 para Carolyn R. Bertozzi, Morten Meldal e K. Barry Sharpless

Os galardoados son os impulsores da química do clic e a química bioortogonal, que serven para facilitar os procesos complexos