César de la Fuente recolle o premio Princesa de Girona de Investigación Científica

O biotecnólogo coruñésfoi recoñecido polo seu liderado e excelente traxectoria científica no campo da bioloxía computacional

César de la Fuente. Foto: Fundació Princesa de Girona.
César de la Fuente. Foto: Fundació Princesa de Girona.

A Fundació Princesa de Girona entregou na tarde do xoves 1 de xullo os seus premios das edicións de 2020 e 2021, que recoñecen a mozos e mozas de diferentes disciplinas polo seu labor e a súa traxectoria brillante achegando valor á sociedade, coa vontade de inducir cambios positivos no mundo a través da cooperación e esforzo. Entre os premios da edición de 2021, como xa se anunciara a finais de abril, estaba o biotecnólogo César de la Fuente Núñez (A Coruña, 1986), distinguido polo seu “liderado e excelente traxectoria científica no campo da bioloxía computacional, aunando unha productividade científica extraordinaria cunha capacidade de transferencia de tecnoloxía desenvolvida”.

De la Fuente recolle o premio de mans da princesa Leonor.
De la Fuente recolle o premio de mans da princesa Leonor.

De La Fuente é actualmente profesor na Universidade de Pennsylvania (Estados Unidos), onde lidera o Machine Biology Group, equipo que desenvolve novos antibióticos mediante ordenadores. “A biotecnoloxía é un campo relativamente novo que nos permitiu empezar a saír desta pandemia. Agora podemos desenvolver vacinas en 10 meses en lugar de 10 anos”, destaca de la Fuente á Fundació Princesa de Girona. O científico licenciouse en Biotecnoloxía na Universidade de León e doutorouse en microbioloxía e inmunoloxía na Universidade de British Columbia (Canadá), grazas a unha bolsa da Fundación la Caixa. Tamén realizou estancias de investigación e formación en destacados centros como o Massachusetts Institute of Technology (MIT), grazas a unha bolsa da Fundación Ramón Areces.

Recentemente, o equipo de César de la Fuente finalizou os ensaios clínicos dun novo test de diagnóstico rápido da Covid-19, que ofrece resultados en catro minutos. O estudo foi publicado na revista Matter de Cell Press e o prezo de cada test é de 4,67 dólares. A proba usa tecnoloxía electroquímica e permite detectar a presenza de coronavirus en mostras de saliva ou nasais, a través do móbil. Un proxecto “motivado polas ganas de producir unha ferramenta de detección accesible por todo o mundo, pensada por aquelas comunidades con baixos recursos, e que pode servir como elemento preventivo para evitar hospitalizacións e mortes”.

Menos de 4 euros e resultado en 4 minutos: o test Covid-19 do galego César de la Fuente

As investigacións do científico galego céntranse no uso de computadores para descubrir clases de antibióticos completamente novos que poidan salvar millóns de vidas. Os resultados das súas investigacións recibiron numerosos recoñecementos entre os que destacan o Langer Prize, o ACS Kavli Emerging Leader en química, o AIChE’ s 35 Under 35 Award, o ACS Infectious Diseases Young Investigator Award, ou o XENE Top 10 Under 40. En 2019, César de la Fuente foi recoñecido polo MIT Technology Review como un dos innovadores máis importantes do mundo por “dixitalizar a evolución para crear mellores antibióticos”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.