Xoves 28 Marzo 2024

Catas ‘dixitais’ para viños galegos con pedigrí

Un equipo liderado polo investigador do CiQUS da USC Ricardo Riguera deseñou un novidoso procedemento para identificar en cuestión de minutos as variedades de uva dos viños galegos. O sistema permitirá ‘catar’ dixitalmente as variedades de uvas empregadas nos caldos brancos acollidos ás ‘Denominacións de Orixe Protexidas de Galicia’ (Rías Baixas, Ribeiro, Valdeorras, Monterrei e Ribeira Sacra).

Manuel Martín-Pastor (esquerda), sostén unha das mostras empregadas, xunto a Ricardo Riguera e Esteban Guitián (dereita). Foto: Andrés Ruiz.
Manuel Martín-Pastor cunha mostra, xunto a Ricardo Riguera e Esteban Guitián. Foto: Andrés Ruiz.

O sistema impulsado por Riguera, que conta coa colaboración de Manuel Martín-Pastor, da Unidade de Resonancia Magnética Nuclear, e Esteban Guitián, da Unidade de Espectometría de Masas, analiza as mostras de viño mediante resonancias magnéticas e cromatografía de gases. A análise parte dunha base de datos que recolle preto de 300 viños que mesturan as principais variedades de uva existentes en Galicia (Albariño, Godello, Treixadura e Palomino). A partir de esta categorización, os investigadores identificaron unha serie de parámetros característicos de cada variedade, que establecen unha ‘pegada dixital’ de cada caldo.

Publicidade

O sistema emprega unha base de datos de máis de 300 caldos

Os avances conseguidos polo CiQUS permitirán abaratar e acelerar o proceso de análise dos viños, fronte as técnicas que se empregaban ata agora, baseadas na cromatografía, principalmente. Estes procedementos esixen unha análise por separado de cada componente, polo que o proceso é lento e custoso. O sistema rexistrou un nivel de acerto de arredor do 95 por cento. Ante estos resultados, os autores do estudo, que foi publicado na revista Analytical Chemistry, conclúen que “a técnica é unha alternativa sinxela, rápida e tecnicamente fiable”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego sinala os lípidos en sangue como biomarcadores de covid persistente

Investigadores do CiQUS ofrece unha nova perspectiva sobre a natureza desta enfermidade e abre a porta a diagnósticos e tratamentos máis específicos

Un equipo con participación galega desenvolve un novo tipo de axente contra o cancro

O composto actúa de maneira potente e selectiva sobre a respiración mitocondrial das células nai do tumor, diminuíndo o seu potencial canceríxeno

A USC desenvolve un novo método para a entrega directa de fármacos no interior celular

O novo nanotransportador é capaz de fusionarse coa membrana plasmática e liberar moléculas bioactivas no citosol

A USC busca mellorar a eficacia dos tratamentos con células CAR-T en tumores sólidos

Marisa Juanes e Alberto Fuertes encargaranse de desenvolver o sistema de transporte que permita introducir ácidos nucleicos en linfocitos T